Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

I Concurso de Grupos de Música Tradicional Galega (Bembrive-Vigo)
I CONCURSO DE GRUPOS DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA

BASES:

1. A Entidade Local Menor de Bembrive convoca o “I CONCURSO DE GRUPOS DE MÚSICA GALEGA TRADICIONAL”.

2. O concurso celebrarase en Bembrive, no auditorio do Centro Cultural Helios.

3. Poderán participar nel:
a) Agrupacións musicais tradicionais galegas que pertenzan a unha asociación sen ánimo de lucro, debendo ser esta quen se inscriba. Cada Asociación pode participar ata con dúas agrupacións.
b) Agrupacións musicais tradicionais galegas constituídas por afeccionados non profesionais. Neste caso nomearán a un representante para percibir os premios ou achegas económicas derivadas deste concurso.

4. Tódalas agrupacións deben participar no formato de cuarteto ou quinteto, e comporanse cando menos dos seguintes instrumentos: dúas gaitas, un tamboril e un bombo, podendo formar parte da percusión calquer instrumento considerado tradicional galego: pandeiro, pandeireta, ferriños, cunchas, etc.

5. Tódolos instrumentos serán de formato e feitura tradicional, quedando expresamente excluídas as percusións de alta tensión e as gaitas denominadas marciais.

6. Os membros dos grupos vestirán obrigatoriamente o traxe tradicional galego.

7. Establecerase unha única categoría con tres premios en metálico. Os importes dos mesmos para a presente edición serán; Primeiro con 1.000 €, o Segundo con 600 €, e o Terceiro con 400 €. Os premios estarán suxeitos as retencións que correspondan polo IRPF.

8. Os premios entregaranse ao remate do concurso. A recollida dos premios farase coa vestimenta utilizada no concurso.

9. O grupo gañador do primeiro premio interpretará unha peza como peche do concurso ao remate da entrega de premios.

10. Establecerase un premio adicional para a mellor peza tradicional polo importe de 200 €.

11. A Entidade fará unha achega económica de 50 € aos grupos participantes neste concurso que non fosen premiados. O pago destas achegas só se realizará cando os participantes houbesen participado no certame, a salvo sempre dea boa fe, a criterio do xurado.

12. Comporase de dúas fases: eliminatoria e final.
Se os grupos a participar superasen o número de quince, as fases celebraranse en dúas xornadas os días 7 e 8 de novembro de 2009. Se foran catorce ou menos, en única xornada o día 7 de novembro de 2009.

13. Na fase eliminatoria os grupos concentraranse diante do edificio da Entidade Local Menor e farán un percorrido ata o Centro cultural Helios, no que os grupos deberán tocar a xeito de dianas e alboradas, distintas pezas galegas, ben tradicionais ou de autor. Unha vez chegado ao final do percorrido, esperarán a súa quenda para a actuación no escenario. Clasificaranse oito grupos para a fase final.

14. Na fase final, os grupos clasificados deberán interpretar no escenario dúas pezas galegas (tradicionais ou de autor) nun espazo de tempo máximo de oito minutos.

15. A orde de actuación na fase clasificatoria será a inversa á da inscrición (o primeiro inscrito será o último en saír). A orde de actuación na fase final será aleatoria por sorteo.

16. Os grupos poderán inscribirse de 9 a 15 h. nas oficinas da Entidade Local Menor de Bembrive nos modelos oficiais. O prazo de inscrición comeza o día 26 de outubro de 2009 e remata o 6 de novembro, cun límite de 20 grupos inscritos, no que se terá en conta a orde de entrada no rexistro de inscritos.

Na inscrición deberá figurar o nome do grupo, a dirección postal, o número de compoñentes e o nome, teléfono e DNI do representante e demais datos que constan nos modelos oficiais. As bases pódense recoller na Entidade Local Menor de Bembrive ou descargar na internet http://entidad.blog.com.es/

17. A mera inscrición supón a total aceptación das bases.

18. O Xurado será nomeado pola Entidade Local Menor de Bembrive, tendo en conta que polo menos a metade dos seus membros estean vencellados co mundo da gaita (da música e do cante ou do baile tradicional galego).
A labor do Xurado será a de cualificar aos participantes en ámbalas dúas fases, valorando a calidade interpretativa, o número de compoñentes, a afinación, a dificultade e idoneidade das pezas elixidas, así como a axeitada presenza de cada un dos grupos.
O Xurado poderá tamén descualificar calquera grupo que incumpra algunhas das bases deste concurso.
O veredicto e outras decisións do Xurado serán inapelables.

19. O Xurado terá potestade para dirimir ao seu bó criterio calquera cuestión non recollida nas presentes bases, así como a interpretación das mesmas en caso de dúbida.

20. As Bases publicaranse en estracto nalgún diario local de Vigo, e extensas no Taboleiro de Edictos da Entidade Local de Bembrive e no taboleiro de anuncios do Centro Cultural Helios de Bembrive.

Bembrive, 22 de Outubro de 2009

http://entidad.blog.com.es
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 07-11-2009 06:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 boa merda isto mal anunciado e non teñen nin idea de como se organiza un concurso o resultado disto e que#blgtk08# inda que os premios son apetecibles non se apuntou nadie e suspendeuse hay que organizarse mellor
Comentario por (07-11-2009 11:48)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer