Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XVIII Premio IAR de Folclore Galego
O Premio “IAR” de Folclore Galego nace no ano 1992, coa vontade de dar un recoñecemento público non crematístico, e coa finalidade de premiar cada ano a persoa física ou xurídica, grupo, asociación, entidade ou institución, á que se lle teña recoñecido o seu labor neste campo, durante a súa traxectoria, ou a que máis destacara durante o ano anterior no seu traballo polo folclore deste país.

Con posterioridade, acordouse valorar o desenvolvemento dunha traxectoria prolongada de traballo no folclore galego e no somentes ao labor no último ano.

As bases polas que se rexeu dende o inicio ata o día de hoxe a concesión anual do Premio “IAR” son as seguintes:


1. Poderá concorrer á obtención do Premio “IAR” toda persoa física ou xurídica, agrupación, asociación, entidade ou institución radicada en calquera parte do mundo, adicada á potenciación e fomento do folclore galego, nos eidos da investigación, música, baile, canto e vestiario; pódense outorgar incluso a título póstumo, segundo a valoración do xurado.

2. As candidaturas poderán presentarse diretamente ou a través de terceiras persoas que poidan propoñelas.

1. O prazo de presentación de candidaturas para o Premio “IAR” está aberto dende o pasado mes de Febreiro ata o 12 de Novembro, valorando nesta decimoitava edición o labor realizado ata finais do ano 2008, en calquera das facetas relacionadas co folclore galego.

2. As candidaturas deberán ir acompañadas dun “currículo” da/o candidata/o e unha memoria dos traballos realizados ata o ano anterior.

3. As candidaturas deberán remitirse por correo ordinario ao Grupo de Bailes Populares “IAR”, sito na Rúa da Cerca 30-baixo, 15009 A Coruña, ou ao correo electronico iargrupo@hotmail.com , a atención do Xurado Premio “IAR”

4. O Premio “IAR” será outorgado por un xurado composto por tres destacadas personalidades do mundo folclórico galego, nomeadas pola Directiva do Grupo de Bailes Populares “IAR”, e a/o Presidenta/e do Grupo de Bailes Populares “IAR”, que actuará como Secretaria/o, con voz e sen voto. Ningún membro do xurado poderá ter relación direta con ningunha das candidaturas presentadas.

5. Non poderá presentarse o/a gañador/a dalgún Premio “IAR” anterior.

6. O xurado poderá declarar deserto o Premio, se non atopa méritos dabondo nas candidaturas presentadas.

7. O Premio “IAR” 2009 fallarase o 15 de Novembro, antes da celebración da XVIII edición do Festival de Premio “IAR” de Folclore Galego, que terá lugar no Teatro Rosalía Castro, o vindeiro 21 de Novembro de 2009.


Asdo.: O Presidente da Sección de Folclore
Da A.VV. Castrillón-Urbanización Soto “IAR”


XURADO PREMIO “IAR” DE FOLCLORE GALEGO
R /CERCA, 30 BAIXO, 15009-A CORUÑA
iargrupo@hotmail.com

Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 09-11-2009 00:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer