Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Presentación do disco de Covalblú
O próximo venres día 25 de Setembro no Auditorio do Centro Cultural Caixanova de Vigo a partires das 22:30 h o grupo de folk galego Covalblú presentará "Mai", o seu primeiro traballo discográfico.

O prezo de entrada é de 3 € en taquilla e de 3,75 € na taquilla on-line de Caixanova (http://www.servinova.com).

Covalblú nace no ano 2007 por mor das inquedanzas que os seus cinco compoñentes amosan pola música tradicional galega. A súa orixinal proposta musical baséase nunha persoal mestura de folk, música tradicional galega e de fusión de diversos estilos coma a bossanova ou o blues coa que irrompe con forza no actual panorama musical galego. Os cinco instrumentos que compoñen o formato sonoro do grupo (arpa celta, violín, guitarra clásica, violoncello e percusión) xunto con dúas voces (unha masculina e outra feminina), conforman o envoltorio adecuado para o desenvolvemento desta proposta, apostando fortemente por un formato acústico.

Todos os membros do grupo debido a súa experiencia noutras formacións coma Sete Saias, Fuxan os ventos, Quempallou ou Faltriqueira, teñen actuado en festivales tan importantes coma os de Ortigueira ou Lorient (Francia) así como editado varios discos. Entre os concertos dados por Covalblú cabe destacar a participación no Festival Folk de Cancioneiros organizado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza nos seus auditorios de Vigo e Coruña en marzo de 2008, onde o grupo obtivo unha mención especial por parte do xurado pola súa calidade musical, e a actuación no Teatro Principal de Santiago de Compostela tamén en marzo de 2008, no IX Certame Folk de Radio Obradoiro.

Froito de toda ista experiencia conquerida nace “Mai” (Maio 2009), a primeira achega discográfica do grupo, traballo que presentarán por toda a xeografía galega a partires do vindeiro 25 de Setembro.

Covalblú
Contacto: 689 047 133
covalblu@gmail.com
http://www.myspace.com/covalblu

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-09-2009 14:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer