Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Resultados XLII Concurso de Gaitas de Ponteareas
Os dez grupos clasificados para a final do XLII Concurso de Gaitas de Ponteareas estarán ás 10,45 h. da mañá do domingo día 20 de setembro de 2009, diante do edificio da Casa do Concello de Ponteareas, a fin de percorrer as rúas da vila interpretando melodías galegas ata o Centro Artístico Sportivo onde a partir das 11.30 h. da mañá terá lugar a FINAL do XLII CONCURSO DE GAITAS.

Nesta fase final serán interpretadas dúas pezas de libre elección que, como as interpretadas na fase eliminatoria, serán de raíz melódica galega. Non se admitirá interpretación de suites nin de popurrís. O tempo total de ámbalas dúas pezas será como máximo de 8 minutos.

O Xurado valorará a interpretación de pezas distintas as tocadas na fase eliminatoria.

Resultados


Once agrupacións e case 5.000 euros en premios. A emoción da 42 edición do concurso de gaitas de Ponteareas, un dos máis antigos de Galicia, estaba servida e numerosos veciños non quixeron perdela. Por iso na mañá de onte achegáronse ao centro Sportivo do municipio.

Os participantes, ataviados cos traxes típicos galegos, desfilaron polo escenario como representación do folclore galego, posto que había representación de diferentes puntos da xeografía. O xurado responsable de repartir os galardóns estaba composto polos gaiteiros Iván Costablanco, Antonio Gutiérrez Pereira, Joaquín Míguez Rodríguez, Xaime Estévez Vila e o percusionista Manuel Alonso Iglesias .

Tras unha difícil decisión, o primeiro premio desta edición, marcada polo cambio de escenario debido ás obras que se realizan no auditorio Reveriano Soutullo, foi parar a Poio, aos músicos Pablo Devigo, Óscar Ibáñez, Ramón Corral e Marcos Pérez. A cita está organizada polo Concello de Ponteareas, en colaboración coa o Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, a Deputación provincial de Pontevedra e a directiva do centro artístico Sportivo de Ponteareas.

Segundo o concelleiro, Andrés Sampedro Fernández, «a celebración deste concurso amosa a tradición musical de Ponteareas e ou compromiso do goberno municipal a prol da música popular e tradicional de Galicia, que atopa neste certame unha das súas expresións máis consolidadas». A edición deste ano estivo dedicada á memoria do gaiteiro ponteareán David Perez Bermúdez, que conseguiu o primeiro premio do certame na edición de 1947, cando participou co grupo de gaitas Saudades da Terra. O alcalde, Salvador González Solla e o edil de Cultura entregaron un agasallo ao fillo do músico

La Voz de Galicia

Clasificación Final
1º Rédea solta (Poio)
2º Abelente (Ourense)
3º Picuiña (Marín)
4º Rebuldeiros (A Coruña)
5º Senlleiro soar (Ponteareas)


Comentarios (70) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 22-09-2009 09:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
70 Comentario(s)
1 A ver que sorpre#blgtk08#sa nos dan hoxe!
Comentario por (20-09-2009 13:31)
2 Creo que a cousa#blgtk08# estivo clara...
Comentario por (21-09-2009 01:16)
3 Hasta o cuarto vale, per#blgtk08#o o quinto?????
Comentario por (21-09-2009 14:08)
4 Por certo os premios foron:
1-Rédea Solta
2-Abelente
3-Picuiña
#blgtk08#> 4-Os fontesuairas ( pero con outro nome)
5-Un cuarteto da banda de Ponteareas
Comentario por (21-09-2009 14:10)
5 Os resultados do concurso foi:

1ºRÉDEA SOLTA - Poio
2ºABELENTE - Ourense
3ºPICUÍÑA - Ma#blgtk08#rín
4ºREBULDEIROS - A Coruña
5ºSENLLEIRO SOAR - Ponteareas

Noraboa a todos os premiados
Comentario por (21-09-2009 14:19)
6 Os resultados do concurso foi:

1ºRÉDEA SOLTA - Poio
2ºABELENTE - Ourense
3ºPICUÍÑA - Ma#blgtk08#rín
4ºREBULDEIROS - A Coruña
5ºSENLLEIRO SOAR - Ponteareas

Noraboa a todos os premiados
Comentario por (21-09-2009 14:22)
7 Isto vai#blgtk08# a menos
Comentario por (21-09-2009 16:10)
8 Desde fai un par de anos esto vai a menos, antes esperabas#blgtk08# escoitar algún cuarteto que te sorprendera.¿E agora qué?
Comentario por (21-09-2009 16:18)
9 Que tempos aqueles Luvas Verdes, Laghare#blgtk08#u,Anacos de Buxo, Os Chupacabras,Doela
Comentario por (21-09-2009 16:23)
10 Pois a min sorprendeume máis de un cuarteto, para ben e para mal, e houbo pe#blgtk08#zas realmente moi, moi interesantes. A pesar de faltar grupos dos habituais
Comentario por (21-09-2009 17:05)
11 Home, se falamos de sorprender creo que a segunda peza de Rédea Solta cumpre iso de sobra. Moito máis do que podían sorprender grupos ocmo Laghareu, Anacos ou Doela, que, aínda tocando moi ben, sorprender non #blgtk08#sorprendían nada. A ver se nos deixamos de prexuízos persoais contra certos grupos e non lle quitamos os seus méritos musicais (sobre todo cando hai prexuízos persoais sen coñecer á xente e falamos de oídas).
Comentario por (21-09-2009 17:22)
12 OHHHHHHHH si q gran sorpresa foi si, cal foi a sorpresa o de tocar no bombo ou o da gaita de sol????? so temos q ver#blgtk08# concursos anteriores e ver quen fixo iso antes a ver se algun de estes fenomenos que andan por aqui o recorda.....
Comentario por gran sorpresa uh!!!!!! (21-09-2009 20:54)
13 ala q se vos da unha piruleta o q o recorde non vos enfadedes por facer un esforzo menta#blgtk08#l q sei q vos costa, aqui tedes po que acerte unha piruleta de seivane....psssssssssssss
Comentario por piruleta de regalo (21-09-2009 20:55)
14 Para min, as duas pezas de Abelente foron espectaculares, arriscadas e moi ben executadas, pero e que a posta en escea de Redea na segunda peza foi moi boa.

Eso si, a este grupo penalizariao por levar a mesma peza (Proxeccion A.) durante tres anos seguidos.
<#blgtk08#br /> Para o Comentario 3: supoño que te refires a que lle deron o 5º premio a Senlleiro Soar e non ós Pastores de Samil. Ben, na miña opinión, ainda que a súa afinación foi moi correcta, as pezas non eran nada claras, e a percusión apenas se escoitaba.. Repito, na miña opinión!
Comentario por C# 440Hz (21-09-2009 22:01)
15 Dame a impresión de que o autor do comentarion 12 sente certo resquemor contra Rédea Solta. Claro que esas cousas se fixeron anteriormente, pero é o conxunto da segunda peza deste cuarteto o que sorprende. É #blgtk08#máis, pódese sorprender cunha gaita en Do, e creo que eso tópase en tódolos concursos. De todas maneiras gustaríame saber quen consideras que se merecía gañar...
Completamente dacordo co comentario 11.
Comentario por (21-09-2009 22:03)
16 Ah! En canto a valoración da decisión do xurado e fundamentandome nas bases do concurso, para min estivo bastante correcto na orde dos premiados, exceptuando dous pequenos detalles.

- Repetir peza 3 anos s#blgtk08#eguidos? eso valorase? Non é este o concurso no que se premia a innovación. Que conste que pasara o mesmo anos atras con Anacos de Buxo

- Xuntar dúas pezas nunha? Mais dun grupo fixo "popurris" este ano...
Comentario por C# 440Hz (21-09-2009 22:08)
17 Ah! En canto a valoración da decisión do xurado e fundamentandome nas bases do concurso, para min estivo bastante correcto na orde dos premiados, exceptuando dous pequenos detalles.

- Repetir peza 3 anos s#blgtk08#eguidos? eso valorase? Non é este o concurso no que se premia a innovación. Que conste que pasara o mesmo anos atras con Anacos de Buxo

- Xuntar dúas pezas nunha? Mais dun grupo fixo "popurris" este ano...
Comentario por C# 440Hz (21-09-2009 22:10)
18 Ah! En canto a valoración da decisión do xurado e fundamentandome nas bases do concurso, para min estivo bastante correcto na orde dos premiados, exceptuando dous pequenos detalles.

- Repetir peza 3 anos s#blgtk08#eguidos? eso valorase? Non é este o concurso no que se premia a innovación. Que conste que pasara o mesmo anos atras con Anacos de Buxo

- Xuntar dúas pezas nunha? Mais dun grupo fixo "popurris" este ano...
Comentario por C# 440Hz (21-09-2009 22:14)
19 Opino o mesmo, sendo lícito ou non,
non me gustou que Rédea levara 3 anos seguidos a mesma peza!!!, penso que iso teríano que ter en conta o xurado, xa que moitos deles estiveron nas outras edicións.
Da segunda peza, gustoume o arranxo en conxunto, como montaron a peza

Os pastores de Samil, tocaron moi ben afinados!, pero para min fallaron co repertorio, xa que dende fora, as pezas non se entendian para nada, moitas veces parecía que ian totalmente cruzados sen ser así que tocaron ben e non se apreciou nada a percusión

Houbo grupos que x#blgtk08#untaron pezas e está prohibido nas bases e deveríanos penalizar,(igual o fixeron non o sei)

Abelente encantoume, a 1ª, a muiñeira foi impecable pero sobre todo a segunda, o Insomnio..., pareceume espectacular!!!, tanto a peza en si como a montaxe, chapeau!!

Se eu fose xurado poría a Abelente 1º e segundo a Redea polo feito de currar un so tema e o outro o de sempre. Pero un destes dous cuartetos era o que tiña que gañar claramente, xa que houbo diferencia co resto

Esta é a miña humilde opinión como espectador do concurso

Comentario por Manuel (21-09-2009 23:41)
20 Opino o mesmo, sendo lícito ou non,
non me gustou que Rédea levara 3 anos seguidos a mesma peza!!!, penso que iso teríano que ter en conta o xurado, xa que moitos deles estiveron nas outras edicións.
Da segunda peza, gustoume o arranxo en conxunto, como montaron a peza

Os pastores de Samil, tocaron moi ben afinados!, pero para min fallaron co repertorio, xa que dende fora, as pezas non se entendian para nada, moitas veces parecía que ian totalmente cruzados sen ser así que tocaron ben e non se apreciou nada a percusión

Houbo grupos que x#blgtk08#untaron pezas e está prohibido nas bases e deveríanos penalizar,(igual o fixeron non o sei)

Abelente encantoume, a 1ª, a muiñeira foi impecable pero sobre todo a segunda, o Insomnio..., pareceume espectacular!!!, tanto a peza en si como a montaxe, chapeau!!

Se eu fose xurado poría a Abelente 1º e segundo a Redea polo feito de currar un so tema e o outro o de sempre. Pero un destes dous cuartetos era o que tiña que gañar claramente, xa que houbo diferencia co resto

Esta é a miña humilde opinión como espectador do concurso

Comentario por Manuel (21-09-2009 23:49)
21 Redea Solta levou a peza Proxeccion no ano 2007 e con outra formación e montaxe, o ano pasado non a tocaron. Non quero pensar as veces q Luvas repetiu cancións en Ponteareas e ninguen di nada. Para mi#blgtk08#n o 1º premio creo q non ten discusion ningunha, e por moitos prexuizos que se teña contra alguén antes de nada hai q ser realistas e sobre todo obxectivos. É un concurso de música non o gran hermano
Comentario por (22-09-2009 00:45)
22 Está claro que Rédea Solta e un Maclaren, pero faltaban e#blgtk08#n pista Os Ferrari e así e muy facil ganar as carreiras.
Comentario por (22-09-2009 10:01)
23 Cos Ferraris na pista xa gañaron outro ano...
Innovar non é meter unha gaita en Sol (que xa se fixo). É modular varias veces como fixeron. Pasos de Dó a Sol e viceversa, e rematar en Fa abrindo as ronquetas, por exemplo. Ademais que poucas composicións se fixeron ata agora#blgtk08# como a de Pablo Devigo (que non é de Vigo), por moi mal que lle caia á xente. Que mala é a envidia... Abelente moi ben tocado, pero o de sempre (e non falo das pezas, senón de como tocan): sota, caballo y rey... Ademais de estar afinados e tocar correcto hai que facer algo máis.
Comentario por (22-09-2009 11:06)
24 E a ver se deixamos de criticar a xente con talento (véxase neste caso Rédea Solta) e "rajamos" de casos sangrantes, como os premios (neste caso o terceiro) que se lle dan sistematicamente a Picuíña, máis que inmerecidos en calquera dos concursos aos que van (igual hai que facerse da directiva#blgtk08# da AGG para concursar primeiro). Porque se eu fose dos Rebuldeiros ou dos Pastores de Samil estaría bastante cabreado. A ver se con tantos premios que lles dan van acabar pensando que tocan ben e todo... Que fagan alboradas ás 10 da mañá e grazas. Para iso igual valen, pero para máis xa non.
Comentario por (22-09-2009 11:12)
25 comentario 23?????? cando gañaron estando os ferrari en pista??????????????? igual o dic#blgtk08#es polo robo do ano 2007 cando lles deron o cuarto e redea o segundo pero non gañaron....
Comentario por ??????????? (22-09-2009 12:14)
26 Comentario 24:
E ti comezas o teu comentario ped#blgtk08#indo que non se critique a xente?? Joder, q pelotas tes
Comentario por (22-09-2009 12:20)
27 Comentario 25:
Redea si que gañou cos "Ferraris" en pista,o mesmo ano q levaran a muiñeira de onte, estando Anacos en pista, Laghareu, non lembro se chupacabras... pro en definitiva estaban todos e#blgtk08#ses grupos. En Vedra, na última edición do manuel texo, Redea tamen lle gañou a Anacos, (outro ferrari como se di por aqui). Creo que o que hai e moita envidia, se as cousas estan ben feitas estan e punto
Comentario por (22-09-2009 12:35)
28 comentario 24, claro que poden estar enfadados os Rebuldeiros e Pastores, pero se analizas o concurso igual quedou picuíña por diante de Rebuldeiros, xa que estes últimos uniron temas e está castigado nas bases,(a min gustáronme moito), e o xurado o#blgtk08# tivo en conta.
Dos Pastores, cáseque todo o público non entendeu os temas, foi raro e a percusión non se apreciaba, eso si tocaron moi ben afinados pero polo resto non estaban para os premios.
Calquera que viu o concurso apreciou iso
Comentario por (22-09-2009 12:58)
29 comentario 23 con respecto a
"
Abelente moi ben tocado, pero o de sempre (e non falo das pezas, senón de como tocan): sota, caballo y rey... Ademais de estar afinados e tocar correcto hai que facer algo máis"

Nun concurso, facer iso xa é bastante!, senón que llo digan os cuartetos que non dan afinado ou fallan.
Eu són pianista e adoro os concursos de gaita, (levo anos indo a velos de cuartetos e solistas) e a este grupo véselle unha progresión ano a ano.
A segunda peza que tocaron foi unha goz#blgtk08#ada harmónica e musialmente falando, igual que a segunda peza de Rédea que para min é un cuartetazo!

Penso que é moi facil falar dende o público, é gratuíto criticar dende abaixo sentados, pero se ti o calquera pensa que o pode facer millor ou pode aportar cousas novas, que o faga, que se suba ahí e toque e se non ten cuarteto co que tocar, que compoña para outros ou que lles faga as montaxes,(debe ser moi facil compor pezas como a de Rédea ou a 2ª de Abelente, non o sei pero moitas así non se ven)


Comentario por Antonio Castro (22-09-2009 13:16)
30 No 2007 Rédea tocou P.Ambar con outros percusionistas, o ano pasado volvérona tocar, Pr#blgtk08#oxección ambar e Apaixoada cos que teñen agora e este ano repetiron por 3ª vez P.Ambar
Comentario por (22-09-2009 13:20)
31 " Penso que é moi facil falar dende o público, é gratuíto criticar dende abaixo sentados, pero se ti o calquera pensa que o pode facer millor ou pode aportar cousas novas, que o faga, que se suba a#blgtk08#hí e toque e se non ten cuarteto co que tocar, que compoña para outros ou que lles faga as montaxes"

Opino o mesmo!!!
é moi facil falar dende a barreira pero sae ahí a torear
Comentario por (22-09-2009 13:25)
32 o ano pasado Redea tocou Apaixoada e Prieguiceira non proxección. Antes de criticar por criticar, que parece qu#blgtk08#e a este grupo gusta moito criticalo, hai que saber do que se fala. Onte mereceron ganhar sen dubida, e punto.
Comentario por (22-09-2009 13:30)
33 para cando algún #blgtk08#premio deserto??
Comentario por dende a barreira (22-09-2009 14:26)
34 para cando algún #blgtk08#premio deserto??
Comentario por dende a barreira (22-09-2009 15:03)
35 O que non entende é que vos centredes en discutir o único posto indiscutible. Pódese entrar a valorar se é lícito que o primeiro repita peza o#blgtk08#u non pero iso no caso de que houvese dúbidas entre o primeiro e o segundo. Por certo, non sabía que a AGG tamén estaba detras deste concurso.
Comentario por (22-09-2009 16:25)
36 Esto non vai de ter prexuizos de tipo persoal contra ninguén, simplemente se trata de diferentes opinións en canto o resultado dun concurso de cuartetos...

#blgtk08#> Eu dixen que a decisión do xurado me pareceu a máis correcta, pero que tivera detalles que eu non xulgaria asi.

Simplemente era eso, a miña opinion...
Comentario por C# 440Hz (22-09-2009 17:35)
37 A Agg non ten nada que ver#blgtk08# co concurso vaia tonteria
Comentario por (22-09-2009 17:37)
38 Comentario 24:

Opino exactamente igual que o comentario 28, engadindo que me parece unha falta de respeto pola tua parte falar asi de Picuiña. Igual non te paras a pensar que grazas a cuartetos coma este levase facendo o concurso de Ponteare#blgtk08#as durante moitos anos...

I e moi certo, é fácil ver os touros diante da barreira, pero hai que subirse ahi enriba e inda por riba tocar extremadamente ben... cousa non fácil, ou senon que llo digan o resto de participantes non premiados....
Comentario por C# 440Hz (22-09-2009 17:51)
39 Comentario 24 - 37:
Se non ten nada que ver a que ven a referencia seguinte:
(igual hai que facerse da directiva da AGG para concursar primeiro).
Teño ido moitos anos a ver o concu#blgtk08#rso de Ponteareas e puiden escoitalos en moitoas ocasións e é a primeira vez que lle dán o terceiro premio, sen embargo é moito mais habitual ver como se da un trato de favor o cuarteto de Ponteareas.
Comentario por (22-09-2009 18:30)
40 totalmente dacordo co comentario 28 e 38 o final quedaran os ferrari e maclaren e tocaran eles solos porque lle faltades o respeto os grupos que van con ilusio#blgtk08#n por facelo o millor que poden.Isto dos concursos vai a menos por algo sera¡¡¡.Faltarlle o respeto a un grupo como Picuiña que levan tantos anos. LAMENTABLE.
Comentario por seiscentos (22-09-2009 18:32)
41 Totalmente dacordo co 40 e tan facil é criticar dende a barreira e non ter "huevos" para subirse a un escenario, mostrar un traballo feito ou propor cousas, como escribir burradas como o da AGG (igual hai que facerse da directiva da AGG para concursar primeiro),dende o anonimato

Se o tema dos comentarios fose con nomes e apelidos reais#blgtk08# poderíase ter un foro onde debatir as cousas como persoas, pero o anonimato da pé a que catro gilipollas digan tonterias que se uns eso, os outros aquelo,el mio más...... e o resto entran o trapo e igual nin sequera saben que é un cuarteto ou unha gaita!!!! so o fan por joder

O dito unha merda poder opinar anónimamente

Comentario por anónimo fernández (22-09-2009 18:43)
42 Ninguén comenta nada do Cuarteto de Cangas, para min unha das agradables sorpres#blgtk08#as (era a primeria vez que os escoitaba) e para min merecedores do quinto posto.
Comentario por (22-09-2009 19:20)
43 De redea o único que se pode reprochar e o da raiz melodica galega, polo demais, musicalmente outro nivel, profesional.
de abelente tecnicamente ben, a percusión a un nivel inferior das gaitas e as pezas, pra gustos, horrendas.
de picuiña, tecnicamente por debaixo dos profesionais, pero moita mais chegada o público en xeral
os rebuleiros, repertorio mais asequible con percusión a bo nivel, cando a xente ten personalidade non renuncia a un estilo por lev#blgtk08#ar mellor premio, chapó
os de pontareas, unha vergonza do personAJE da banda no xurado e vergoña do resto do xurado por permitirllo ano tras ano, complices sen justificación, parece que teñen medo a moverse da foto que igual caen.
ludovaina, moi ben, ante un xurado sen personalidade pagaron a falta de "nome", o quinto era seu.
dos pastores pouco que dicir, pezas dificilmente mais feas a posta, con dificultades tecnicas de mérito e sen percusión.
Comentario por caganonimo (22-09-2009 21:20)
44 Alguén podería colgar os videos dos premiados principalmente e o resto se os#blgtk08# ten tamén?¿
Non puiden ir o concurso e gustariame ve-lo pra valoralo
Comentario por Un aficionado (23-09-2009 00:50)
45 A ver, os que din que luvas, anacos, doela... non innovaron no seu momento. Porque en vez de#blgtk08# perder o tempo escribindo aqui non preparades algo moi innovador para o proximo ponteareas?
Comentario por (23-09-2009 00:57)
46 Alguén podería colgar os videos dos premiados principalmente e o resto se os#blgtk08# ten tamén?¿
Non puiden ir o concurso e gustariame ve-lo pra valoralo
Comentario por Un aficionado (23-09-2009 00:58)
47 Alguén podería colgar os videos dos premiados principalmente e o resto se os#blgtk08# ten tamén?¿
Non puiden ir o concurso e gustariame ve-lo pra valoralo
Comentario por Un aficionado (23-09-2009 01:02)
48 Mi ma, ti aplaudes o de sempre e os que innovas, son feos horrendos ou non teñen raíz melódoca galega, sonábache raro ou???
#blgtk08# jajajajajajajajaa
que incultura, se un cuarteto chega a estar aturuxando todo o concurso daslle o 1º seguro jajajajajaja
Comentario por (23-09-2009 01:05)
49 Non vou entrar en discusións de se fulano ou mengano merecía gañar, xa que non vin a todos os grupos, aínda que "en principio", e en "condicións normais", os dous primeiros premios deberían ser para Rédea e Abelente. A Rédea vinos e a Abelente unha parte, e non me pareceu que tivesen erros graves para non ter quedado así. Pero o meu comentario non é sobre iso, senón pola percusión (que raro!). No comentario 43 dise que a percusión de Abelente non estaba ao nivel das gaitas. Sinto discrepar (aínda que non os vin enteiros), pero (e sen desmerecer ás gaitas) non penso en absoluto que a súa percusión (e máis neste caso caso tocando Xoán Antón Losada o tamboril) non estivese ao nivel. Así como tampouco entendo a apreciación sobre que os Pastores "non tiñan" percusión. Se se refire ao volume pode ser (posiblemente máis provocado pola "grande acústica" do local que por outra cousa), pero se se refire á calidade dos percusionistas e dos arranxos estou en total desacordo.
Por outra banda, sobre o comentario 28, se o xurado ve que un grupo (neste caso Os Rebuldeiros) toca unha suite ou un pupurri tería que descalificalo, xa que as bases non o admite. Exactamente igual que se chega un cuarteto con txistu, clarinete, fagote e marimba, non lle baixarían puntos, senón que os descalificarían. Co cal non me vale o de que non quedaron mellor porque o xurado tivo en conta iso (ademais de que para facer esa afirmación hai que ser ou membro do xurado ou viden#blgtk08#te). Por outra parte dicir que ese grupo, Os Rebuldeiros, foi unha das máis gratas sorpresas do concurso e que se incumpliron as bases (a verdade é que non sei se o fixeron) alégrome de que non os descalificasen, xa que tiveron unha moi boa actuación e mantivéronse fieis a un estilo independentemente de ir a un concurso.
E, en todo caso, paréceme unha estupidez non poder xuntar unha muiñeira e unha xota pero si poder compoñer unha peza composta por unha primeira parte en tempo de muiñeira e unha segunda en tempo de xota.
Xa por último, "rogaría" que non denominásemos (como alguén xa fixo) a algúns cuartetos como "profesionais", para así tentar "xustificar" o menor nivel dos que serían "amateurs". Os músicos que forman eses cuartetos son tan amateurs (ou case...) como outros calquera, que teñen que perder o seu tempo libre para preparar os concursos. Ninguén neste país (por desgraza) pode vivir dun cuarteto (co cal non hai ningún "profesional", por definición) e case me atrevería a dicir que nin como músico profesional dentro da música tradicional ou folk (entendendo que un músico profesional vive de tocar, non de dar clase e tocar; iso chámase "profesor que toca nun grupo"), co cal respeitemos o traballo que fan todos. Que para preparar Ponteareas ou calquera outro concurso todos teñen que perder o seu tempo (o libre, por suposto), sexan profesores de música, avogados ou perforadores petrolíferos.
P.D: Perdón polo ladrillo.
Comentario por Andrés Vilán (23-09-2009 07:13)
50 Non merece a pena entrar a contestar a ninguén nin comentar nada xa que como se escribiu anteriormente non valen de nada os comentarios anónimos, se isto fose con nomes e apelidos poderíase facer un foro constructivo e non destructivo como se ve en m#blgtk08#oitos comentarios.
Todos temos dereito a opinar pero con nomes e apelidos, asi no anonimato, podemos escribir as burradas que nos dea a gana.

Que pechen os comentarios do Malmequer !!! ou que se teñan que rexistrar para facelos
Comentario por (23-09-2009 10:04)
51 +#blgtk08#1
Comentario por (23-09-2009 10:05)
52 Totalmente dacordo co #blgtk08#co comentario 49 e 50
Comentario por Carlos (23-09-2009 11:05)
53 Se calarades todo dios!!!! #blgtk08#mellor iria aos concursos.
Comentario por (23-09-2009 15:11)
54 Se calarades todo dios!!!! #blgtk08#mellor iria aos concursos.
Comentario por (23-09-2009 15:15)
55 jajajaj xa#blgtk08# te digo!
Comentario por (23-09-2009 16:47)
56 Referente o comentario nº49 (Andrés Vilán).
Gracias polo teu comentario, pero vese que non todo o mundo pensa igual. O cal é normal.
Eu tamén com#blgtk08#parto a opinión de máis xente, que si se opina, raja,critica ou dubida da calidade dos participantes, non sexa anonimamente.

Un saúdo para todos.
Comentario por Xoán Losada. (24-09-2009 13:07)
57 Somos polémicos, polémicos somos eu non son anó#blgtk08#nimo, pero tampouco público comentario 49 e 56.
Comentario por AZUR LOUSAENRIBA (24-09-2009 16:11)
58 Referente ao comentario 57:
Se te esforzas un pouquiño en empregar algo mellor as normas d#blgtk08#e puntuación na escrita igual podo chegar a comprender que queres dicir. Sen ánimo de ofender...
Comentario por Andrés Vilán (24-09-2009 18:34)
59 O Andrés que non queda calad#blgtk08#o! :DDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDD
Comentario por (24-09-2009 21:25)
60 Moi boas Andrés eu temmpouco collo o que#blgtk08# di ese XDDDD lousaenribadenonsesabeonde
Comentario por (25-09-2009 00:19)
61 De non se sabe onde?Son de Malpica e tí de donde es? comentari#blgtk08#opornonsesabeonde, decía o de público porque naide me coñoce.
Comentario por AZUR LOUSAENRIBA (25-09-2009 17:00)
62 Dá vergoña ver estos comentarios sempre, somos catro gatos nun curruncho tocando uns paus furados de merda, e andamos a trincheirazos#blgtk08# continuamente, os guitarristas e pianistas son bastantes máis ca nós e lévanse bastante mellor, respectando a proporción claro está!
Comentario por Indignación (28-09-2009 16:53)
63 A LA MI#blgtk08#ERDA!!
Comentario por (29-09-2009 10:14)
64 innovar e unha cousa que si fai redea, fixerono anacos, fixoo luvas e moi sobresaintemente faino chupacabras.
O que fai Abelente non e nada diso, e simplemente composición fea.
o de que a percusión non estivo o nivel das gaitas, non foi na execución, senon nos arranxos<#blgtk08#br /> profesionais son os que viven da gaita ou o intentan, polo menos nunha parte importante do grupo.
o do comen 24 ten que ser Andresito, solo a el lle pode parecer tan mal unha alborada as 10 da mañán, a mais a palabra sangrante e moi sua, amen de ser un rajador habitual
Comentario por innovarciano (29-09-2009 13:31)
65 Ao 64.
Eu cando opino FIRMO (non coma ti, que dubido que no teu DNI poña "innovarciano"). Co único dacordo é que os grupos que citas innovaron, polo resto NADA. Que Abelente faga unha composición "fea" para ti é unha cuestión SUBXECTIVA, como calquera cuestión estética e non formal. Os arranxos de percusión non son mellores ou peores por facer catro paradiñas e demais "malabarismos" moi apreciados polos profanos que non teñen nin puta idea de, por exemplo, o emprego da dinámica, a ornamentación (flams e demais), a uniformidade do redobre, etc. Cousa que a percusión de Abelente fixo (ao igual que a de Rédea, os Pastores ou, no seu momento, Anacos, Os Chupacabras e demais). "Vivir da gaita" (por certo, expresión que eu non use#blgtk08#i, xa que me referín ao termo "profesional", que outra xente empregou) por dar clase en catro asociacións é como dicir que vives da Filosofía (si, con maiúscula) por dar clase desa asignatura nun instituto...
Alboradas ás 10 da mañá fixen moitas, posiblemente moitas máis ca ti, fai moitos anos. E con respecto ao comentario 24, coñezo aos catro que tocan con Picuíña, polo tanto non se me ocorrería dicir iso aquí. En todo caso, se o pensase (que non é o caso), diríallo a eles... e en privado.
Pero visto o visto o único que vas conseguir é que ninguén normal opine aquí e que a xente que teña algo interesante que dicir non escriba. Ou sexa, o mesmiño que pasou na l-gaita. Eu vou ser un deles.
Ata nunca, rapas...
Comentario por Andrés Vilán (29-09-2009 13:57)
66 que ben falamos todos anónimamente!!!
por que Malmeter, non fai algo o respecto e cancela os comentarios dunha vez, xa que como din por aqui arriba, somos catro monos e levámonos a matar, e se non que haxa que#blgtk08# rexistrarse para comentar e así facer un debate productivo, no que todos aprendamos, asi que eu tamén mando todo esto o carallo!!!
Xa non penso perder mási tempo en contestar a catro inútiles anónimos
Comentario por Antoinio Castro (30-09-2009 20:15)
67 E porqué se ten que innovar para ir a un concurso?, eu co meu grupo de música tradicional, que tocamos so música tradicional,vou a ver todos os que podo e gustaríame ir, non podemos participar?.

Que eu saiba, (falando en xeral dos concursos), do que se trata é de presentar un traballo, un par de pezas, máis menos elaboradas, afinadas, facéndolle unha montaxe, cada un nas suas posibilidades, claro está, inda por riba, todos os integrantes do cuarteto teñen que ser bos para facer cousas má#blgtk08#is arriscadas e elaboradas.
Eu teño visto concursos onde lees o programa,e a xente leva unhas pezas cun muñon da ostia e logo súbense o escenario e mama queridiña!!!!, ou van máis lentos para poder tocalas, desafinados como animales, fallando como metralletas,....etc......
Polo que para min, cando vexo un cuarteto ahí subido, presentando uns temas, ben tocados e arranxados, disfruto, (nos non o damos feito, así que non será tan facil, se o fose todos tocaríamos e soaríamos xenial)
Comentario por Álvaro Campos (01-10-2009 00:13)
68 Los concursos están para mostrar la genialidad y lograr siempre lo más complicado e intentar tocar perfecto.
El problema es que la mayoría de las veces es que quien te esta juzgando no está al nivel del que concursa y así pasa lo que está pasando , el#blgtk08# nivél está bajando, se pierde el interés y esto se acaba.
Es mi modesta opinión, hace dos años que paso de los concursos de gaitas por que perdí el interes y mira que me llamaron la atención en su momento y yo de gaitas N.P.I.,soy tocólogo.
Comentario por José Manuel Sánchez (01-10-2009 16:43)
69 En eso te doy lo razón, muchas veces tenemos visto concursos donde el jurado no está al nivel,(ya no digo cuando la decic#blgtk08#ión está complicada, cada uno de nosotros tendría una opinión, sino cuando hay resultados cantados), y la gente se quema
Comentario por Alberto García (01-10-2009 19:24)
70 como vai a haber un xurado a nivel, se o propio concurso chámase "concurso de gaitas"
mi madriña.. eu cría q isto ía cambiar xa q agora hai novas composición, novos compositores para gaita, #blgtk08#hai "músicos-gaiteiros" (que era o q faltaba) e existe unha nova percepción da gaita...
pero seguimos nas mesmas
logo nos queixamos q a xente de calidade non vai os concursos. NORMAL
Comentario por (15-10-2009 16:44)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer