Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

«El Cancioneiro d’Alonso» recupera a música da zona Eo-Navia
O venres 18 de setembro está prevista a presentación do libro titulado "El Cancioneiro d’Alonso", no Auditorio das Quintas (21:30 horas), na Caridá (El Franco).

Os seus autores, Martín Pérez Álvarez e Orlando González Quintana, recopilan e ordenan un feixe de partituras dos irmáns Alonso (Juan e Francisco), músicos moi coñecidos de primeiros do s. XX na terra de entre os ríos Navia e Eo.

O Cancioneiro d’Alonso ten como finalidade recuperar toda esta música caseque esquecida. A presentación vaise facer dun xeito real ao xuntar o novo co vello, o moderno co tradicional, cunha serie de actuacións onde van participar a Orquesta Osnola (a última banda saida da familia Alonso) e músicos dalgunhas formacións folk asturianas, como por exemplo La Bandina’l Tombo, DRD, Tuenda, Cádaba ou Mezá. Todes elas con súas características moi parecidas en canto ao seu concepto musical: xeralmente pequenas, apegadas á tradición e de carácter acústico, e as dúas últimas xurdidas nos concellos máis occidentais de Asturias.
Todos os músicos van interpretar pezas que aparecen no libro, facendo que volvan soar esas melodías caseque esquecidas.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-09-2009 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer