Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Festival A Foliada trae a Redondela a fin de semana a 200 artistas cataláns
A localidade de Redondela acolle este fin de semana o Festival A Foliada, un intercambio cultural galego-catalán no que participarán activamente máis de 200 persoas procedentes de Cataluña.

O principal obxectivo do encontro é "mostrar e mesturar elementos da cultura popular e acción social das dúas comunidades", segundo explican os seus organizadores.

Os actos comezarán o venres e desenvolveranse pola vila dos viadutos durante todo o fin de semana, cuxas rúa encheranse de espectáculos a cargo de artistas cataláns e galegos de todos os campos, desde músicos, malabaristas, activistas da bicicleta a cociñeiros, fotógrafos e actores. "Desta forma, a localidade redondelana transformarase nun foco de creación e difusión cultural", apuntan os responsables do evento.

A Foliada preséntase como un espazo para o intercambio, a reflexión e a acción. Cada ano celébrase alternativamente nun municipio galego e no barrio barcelonés de Nou Barris, onde naceu a idea orixinal do festival. A localidade organizadora de cada edición achega a súa propia visión do evento convertendo ao festival nun auténtico proceso que vai madurando co paso dos anos. Nesta ocasión, os organizadores pretenden combinar a festa co intercambio e a reflexión sobre dúas temáticas que afectan aos cidadáns na súa vida cotiá: os hábitos de consumo e a mobilidade. Neste sentido, varias das actividades céntranse nestas propostas.

Durante os tres días do festival desenvolveranse actividades diversas para todas as idades e gustos. "O público poderá gozar dun amplo programa, desde obradoiros de xoguetes reciclados ata sesións jam de masaxes e caricias, pasando por concertos, teatro, comidas populares, rutas de sendeirismo, encontros de colectivos, pasarúas de diables i correfocs, xogos populares, futbolín humano ou un serán mestizo", indican os organizadores, que destacan a súa pretensión de que A Foliada sexa "unha porta aberta á cultura popular e á reflexión social".

Un dos puntos fortes do festival serán os concertos, que se celebrarán no anexo ao campo do Choco. O cartel do venres compono os grupos Tok, É Molt Band, Trasnos de Moscoso e Mais Kintos, e o sábado actuarán Herdeiros do Taxi, Os Tres Trebóns e DJ Can de Palleiro.

O festival está organizado tanto por colectivos galegos como por cataláns que manteñen reunións desde o pasado mes de febreiro. O financiamento da Foliada conta con axudas económicas da Generalitat de Cataluña e do Concello de Redondela. Ademais, unha gran parte do orzamento é froito da autoxestión, tras realizar diversos actos nos últimos meses para promocionar o festival.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-09-2009 08:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer