Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Planeta Furancho na Radio Galega Música

PLANETA FURANCHO na Radio Galega Música

Este luns 7 de setembro comeza a andaina de PLANETA FURANCHO na Radio Galega Música.

Unha aventura radiofónica que ten como fin a difusión da música feita na terra e que quere ser altofalante, axenda e latexo diario e actual de todo canto acontece no universo musical galego.

PLANETA FURANCHO
Todos os días de luns a venres, de 23.00 a 24.00 na Radio Galega Música.

planetafurancho@crtvg.es

RADIO GALEGA MÚSICA

Pode escoitarse tamén na canle 11 da radio dixital, en Internet e en FM nas seguintes frecuencias:

SANTIAGO 104.2
FERROL 106.3
A CORUÑA 92.1
A COVA (centro.prov.Lugo) 96.6
OURENSE 95.6
LUGO (Capital) 106.2
PONTEVEDRA 101.4
VIGO(Domaio) 90.8
XIABRE(Noia, Cambados) 88.0
XISTRAL 100.2

Agardamos por vos, polos vosos traballos, pola vosa creatividade, pola vosa música e por todo canto poidades achegarnos co voso talento.

Alí estaremos atentos, fascinados e desexosos da vosa compaña.

Apertas ENORMES xente e aquí estamos para o que faga falta !

V. Neira.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 07-09-2009 10:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Seica a presión popular fixo que mantivesen un espazo para a música feita no País,#blgtk08# inda que sexa na canle da Radio Galega Música.

Adiante Vituco!!!!
Comentario por Xan Lois (07-09-2009 10:51)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer