Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Exposición da Coral ^De Ruada^ en Ourense

O Centro Cultural Simeón da Deputación de Ourense acolle a inauguración oficial da exposición 'Sete voces para a Coral De Ruada' o xoves 3 de setembro ás 20.00 horas.

A mostra, que se enmarca dentro dos actos de celebración do 90 aniversario da emblemática Coral ourensá, permanecerá aberta ao público desde o día 1 e até o 27 de setembro no Centro Simeón.

'Sete voces para a Coral De Ruada' nace a partir dos fondos propios da Coral, do seu significado histórico e do seu alcance actual. Presenta unha viaxe polas apaixonantes memorias da agrupación narrada a través de sete palabras que definen a esencia de De Ruada: Palabra, Movemento, Innovación, Galeguismo, Talento, Momentos, Legado.

Os obxectos máis relevantes obtidos e custodiados pola Coral nos últimos 90 anos, os cadros e obras de artistas relacionados con De Ruada, a proxección dun audiovisual e unha zona interactiva onde se poderán escoitar algúns dos temas fundamentais do repertorio da Coral conforman esta exposición que, en definitiva, é unha homenaxe ao valioso traballo realizado por De Ruada e por todas as persoas que xenerosamente contribuíron e contribúen a dignificar a nosa cultura desde Ourense.

Con 90 anos de historia, a Coral de Ruada representa un sólido símbolo de identidade non só na memoria colectiva de todos os ourensáns, senón tamén dentro da nómina privilexiada dos grandes coros galegos. Desde a súa presentación oficial o 24 de xuño de 1919 e até a actualidade, a Coral vén desenvolvendo un inxente e extraordinario labor, que a consagrou xa como unha entidade clave na defensa e recuperación da cultura musical popular.

Centro Cultural Simeón
Rúa Progreso, 30
32003, Ourense
988 385 222

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-09-2009 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer