Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Comunicado da Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán
Rematada a festividade de San Ramón e ante as non respostas e confirmacións oportunas por parte dos organismos oficiais dos apoios económicos que aportarían para esta 19ª edición e poder así celebrala en outubro, a Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán, logo de 18 anos ininterrompidos, lamenta COMUNICAR que, a pesar das inmensas xestións realizadas para subsanar esta anomalía, o 19º Concurso Internacional de Gaita Galega ?Constantino Bellón? non se celebrará no ano 2009.

Así mesmo e, polo respecto absoluto que se merecen os participantes, resolvemos DEVOLVER os traballos presentados polos concursantes para esta 19ª edición, xa que entendemos que logo dos esforzos e tempo que supón prepararse para poder participar neste Concurso Internacional, manter bloqueadas os meses que sexa as partituras presentadas non seria de xustiza.

Por outra banda, alertar a todos os membros do colectivo cultural galego de que a perda, aínda que só temporal, de plataformas de expresión cultural como o ?Concurso Internacional de Gaita Galega Constantino Bellón? son totalmente inxustificables; e que os apoios institucionais son imprescindibles máis que nunca nestes tempos de dificultades económicas.

A Xunta Directiva do ATENEO FERROLÁN
FERROL a 1 de setembro de 2009

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (2) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 02-09-2009 17:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Esta nova é unha vergoña...

Penso que da "nova" xunta non se agardaba nada menos...

Pero o que non me entra na cabeza que non se realize o concurso por falta deses cartos, é mái#blgtk08#s, o concurso deberíase facer para darlle nos peteiros os novos responsables, demostrandolle que eventos como iste non dependen do politico de turno...

suspenso á organizacion do concurso...
Comentario por Pepiño (02-09-2009 18:46)
2 O FINAL CELÉBRA#blgtk08#SE EN NOVEMBRO
Comentario por (09-09-2009 09:50)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0