Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Resumo da Segunda Asembleia
Resumo da Segunda Asembleia do 27 de Junho em Compostela.
(Gentalha do Pichel 27-06-09)


Acordamos na 2ª Asembleia Aberta da música galega, celebrada no centro social da Gentalha do Pichel em Compostela:

1- Reafirmar-nos no MANIFESTO BÁSICO POLA DEFENSA DA RTVG.
Contra a censura e a marxinación da música galega, que está actualmente en www.komunikando.net. Informa Cholo que actualmente temos sobre 4000 apoios ao manifesto recollidos na sua páxina, e que se non está actualizada é simplesmente por falta de tempo para xestionar esa cantidade de información.

2- Solicitará-se a recollida de todo tipo de apoios a ese manifesto, tal e como se acordou na 1ª asembleia, e para a que se criaron os respectivos grupos de traballo. O traballo de recollida en papel debe de escomenzar a principios do verán xa para repartir os grupos nos festivais. Esta semana farei un deseño do papel de recollida de sintauras para que cada un imprima, fotocópie, reparta e recolla os papeis cos apoios

3- Criar unha imaxe de “marca” que serva pra identificar á Asembleia en actos públicos, ben no cabezallo das follas a asinar, ben en faixas que se poidan colocar nos concertos, etc... para que a sociedade tea unha referéncia visual das nosas reivindicacións.

4- Asistir a xuntanza de Músicos ao Vivo que se vai celebrar o 5 de xullo no Auditório de Galiza en Compostela as 17:00 horas. Á Asembleia acudiu Xacobe en nome desta asociación para informa-nos disto. Chéga-se ao conclusión por parte de vários membros da Asembleia que a atomización do noso sector é totalmente negativa. Traballar, logo, xuntos para acadar o mesmo obxectivo é fundamental, de aí que cantos mais acudamos a esa xuntanza, mellor, xa que ter várias orgaizacións paralelas funcionando é duplicar os esforzos e dividir á metade os posíveis resultados.

5- O mesmo dia 5 de xullo, aproveitando a presenza da xente en Compostela, acordamos convocar unha xuntanza (aberta) da comisión de Rádio as 20:00 no local da Gentalha do Pichel. Dados os evidentes problemas que ten a xente para acudir regularmente ás xuntanzas, criar unha ferramenta na rede, onde poder coordinar-nos, é vital. A importáncia dunha rádio na rede, ademais de ser ferramenta orgaizativa, tamén será un referente permanente, que quede para o servizo da música galega, facéndo-nos así independentes de coxunturas políticas. A rádio, pois, será tamén de contidos abertos e relacionados, obviamente, coa música galega.

Resumindo, para o próximo domingo dia 5 de xullo, traede ideas para argallar o logotipo e un nome para a rádio.

Dar as grazas publicamente á xente de www.komunikando.net, e animar-vos a seguir empregando o foro desta páxina para poder seguir coordinando-nos.

Em Compostela, 27 de junho de 2009
http://komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-06-2009 12:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer