Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Fin de curso da Escola de Música Tradicional de Lugo
O día 30 de Xuño a partir das 20 h, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza as actividades que porán peche ao curso 08/09 da Escola de Música Tradicional de Lugo


O vindeiro día 30 de Xuño a partir das 20 h. celebrarase no Centro Lug II o concerto de fin de curso da Tradescola, no que actuarán alumnos e profesores de dito centro. Deste xeito, a escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos remata as clases de zanfona, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta, linguaxe musical e etnografía e investigación que se impartiron durante este curso. Posteriormente, ás 22 h. realizarase unha cea-festa á que asistirá o alumnado, docentes e convidados.

A TRADESCOLA contou durante este curso con 150 alumnos matriculados, unha cifra importante tendo en conta que este é o primeiro ano de funcionamento do proxecto. O equipo docente estivo formado por 9 mestres de recoñecido prestixio no eido da música tradicional, que impartiron as aulas das distintas especialidades. Son Bruno Villamor, Emilio Mesias, Luis Correa “Caruncho”, Marisa Da Pereira, Montse Rivera, Pedro David Lamas, Uxia Cribeiro, Xela Conde, Xose Lois Romero Cajigal.

Cabe mencionar que para o vindeiro curso 2009-2010 xa hai unha reserva de prazas para a Tradescola á que se apuntaron preto de 200 alumnos e alumnas.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-06-2009 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer