Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Entrevista a Guadi Galego

Logo de partipar en diferentes proxectos conxuntos, a cedeirense Guadi Galego fai o seu debut como solista con Benzón, aínda que cun traballo xestionado de xeito moi colectivo, posto que é unha obra na que os arranxos foron realizados por Germán Díaz, os irmáns Pedro e Pablo Pascual, Odaiko, Xabier Díaz, Pedro Lamas e Guillermo Fernádez.

O título do álbum “é un hiperenxebrismo que antigamente se empregaba para dar un agradecemento o máis espiritual posible’, sinala Galego.

–Os músicos onde fan diñeiro é nos concertos e vostede non vai presentar este álbum en directo e realiza unha autoedición na que colaboran bastantes colegas. Resúltalle moi arriscado economicamente asumir esta obra?
–Si, realmente é unha barbaridade e existe un risco claro, pero cuns traballos xa gañei diñeiro e con outros non, mais neses casos gañas a outro nivel e en satisfacción persoal.

– Contou con arranxistas diferentes para cada peza. Como foi o método de traballo con eles?
–Pasáballes a peza e o arranxo era totalmente libre. Interesábame plasmar a pluralidade musical e se puidese contar co dobre de arranxistas non dubidaría en contar con eles.

–Porque escolleu en concreto á xente que participa en Benzón?
–Algúns por afinidade e outros por curiosidade de saber o que farían e por iso dinlles total liberdade, aínda que logo algún co que teño menos trato persoal me explicaba por mail o concepto e o espírito da peza. Eu quixen salientar o papel importante dos arranxistas e ademais valorar o alto nivel do que gozan na nosa terra.

–Malia esas fundamentais colaboracións externas que podían dispersar o ton creativo, creo que no disco está bastante presente a Guadi coñecida por formar parte de Berrogüetto, Espido e Nordestin@s. Vostede que opina?
–Iso era o complicado. Eu escollín os temas e malia participación de tanta xente o resultado debía ter un toque persoal e que non fose todo como un pegote. Todos os arranxistas, cadaquén coa sua liña musical, creo que teñen certo punto en común. Eu quería un disco acústico porque teño claro que é nesa sonoridade onde agora me sinto ben.

–No futuro podería haber a posibilidade de realizar un álbum cun estilo afastado da raíz galega ou o pouso do folclore é algo irrenunciable?
–Son o que son como artista porque veño de onde veño e iso nótase no xeito de compoñer. Benzón pretende mesturar a tradición coa música de autor, sen que exista un choque grande entre elas, dende unha perspectiva contemporánea. Respecto ao futuro, xa se verá.

- Ao longo destes anos foi atopando o seu estilo como cantante, arredando esas inseguridades de cando comezaba. Sente que iso é algo fundamental para logo poder transmitir ben ao público?
–Como sucede na vida, vas madurando e interesanche cousas ás que antes non facías caso. Nun principio sabías por onde podías ir e non facías algo para o que non te vías preparada, pero co paso dos anos comprobas que existen cousas que pensabas non poder facer e que logo as realizas.

– Nos últimos tempos vostede é outros colegas abriron un vieiro novo na música galega. Como valora esta achega dentro do conxunto da música de raíz feita en Galicia?
–Penso que achegamos un pouco de realidade á música e provocamos un avance sen prexuízos, isto é importante, no que cadaquén vai evolucionando cara a terreos nos que se sinte cómodo. Co meu novo disco pretendo reflectir que existen diferentes vías para abordar a música de autor e cría que era unha obra complicada, pero o público semellou gustar dos moitos sons que aparecen e van descobrindo novidades a cada escoita. Creo que é unha obra que pode gustar aos seareiros do folk e aos que non o son, aínda que eu considero que o folk pode gustar a todo o mundo, mais o temos etiquetado como música para minorías.

–Xa tiña algunhas pezas para elaborar un novo disco de Espido. Ten data de saída?
–Eu quero facer outro disco que teña unha onda un chisco diferente ao primeiro. Guillermo Fernández e eu xa estamos a traballar pero non sabemos cando sairá á rúa.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-06-2009 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer