Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Un disco ao vivo para unir as dúas beiras do Atlántico
Manecas Costa e Narf gravan «Aló Irmao» en directo en Compostela

Os concertos son un mar de cables. Están disimulados sobre o escenario, ocupan os espazos residuais das butacas e van gañando terreo nos resíos mortos do teatro. Se o concerto é gravado, o mar ten as ondas máis grandes: hai máis cables, máis mesas con luceciñas e máis pantallas. Así vai ocupando espazo a necesidade da memorización. Ao final das mesas e dos cables hai uns micros e diante deles están Narf e Manecas Costa, tanto monta monta tanto, deixando constancia da harmónica contradición que é Aló Irmao . Músicas contrapostas en combinación íntima.

Manecas Costa e Narf están afeitos a actuar, están afeitos ás guitarras e están afeitos aos públicos dos teatros. Aínda así, un concerto gravado é como un partido de fútbol retransmitido, hai que ter en conta esa circunstancia de que todo queda nidiamente rexistrado e, ao tempo, «hai que procurar esquecer que temos a tecla do rec posta», como explica o responsable da gravación, Toño Vázquez. Hai unha presión engadida para todos, pero o discurso musical é sinxelo e, segundo explica Narf, «o concerto é unha viaxe que parte do que fomos, pasa polo que somos e nos leva cara ao que habemos ser».

Onte completouse no Teatro Principal a dobre gravación do concerto que comeza coas cancións dos conxuntos dos dous músicos e deixa para o final a música de cada un deles. Primeiro vai a confluencia das músicas, esa experimentación de asumir na mesma comunicación as maneiras do pop e da música étnica, os acentos atlánticos galegos e de Guiné Bisau e a singular combinación de guitarras que forman este dúo. Narf explica que a conxunción entre ambos os dous guitarristas está precedida dunha cuestión de «maxia ou de química». «Tocar ben xuntos de xeito inmediato encaixaba e cando empezamos a ensaiar en realidade foi como se tivésemos tocado cen veces, pero esa facilidade non é habitual». Tamén sinala o músico galego que a intención do disco é sinxela, «está baseada nas guitarras e nas palabras».

Para Toño Vázquez, a intención destes dous concertos é conseguir «unha gravación que conserve o ambiente do directo, que aproveite ao público, a relación que hai entre os músicos e os espectadores e que teña ese son máis de conxunto que teñen os discos ao vivo». Vázquez explica que o dispositivo técnico é «un pouco maior que para un concerto normal», pero que a estrutura de funcionamento é a mesma, agás que «recollemos un son e o enviamos a dúas partes, unha a gravar e outra aos espectadores».

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-06-2009 15:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer