Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Galiza desembarca en Lorient
Na 39ª edición do encontro, que terá o noso país como protagonista, participarán máis de 25 grupos musicais galegos, ademais de diversas mostras.

Galiza será este ano a protagonista do 39 Festival Intercéltico de Lorient, na Bretaña, que se vai desenvolver do 31 de xullo ao 9 de agosto. Xa se coñece a programación que se vai desenvolver no pavillón instalado por Turgalicia, e que terá case mil metros cadrados de superficie.

Por unha banda, no pavillón galego amosarase unha imaxe do país "entrañábel, amábel e de calidade" e potenciarase a súa personalidade propia como destino turístico. Así, informarase e difundirase a oferta turística, con especial fincapé no Xacobeo 2010, e haberá degustacións gastronómicas, exhibicións de artesanía e, por suposto, actuacións musicais: 24 espectáculos diferentes ao longo do certame.

Están previstos concertos de:

- Alberto Coya e Alba Gutiérrez,
-Edelmiro Fernández,
-Marta Quintana e a súa banda,
-Bellon&Maceiras Quinteto,
-Fía na Roca,
-Berrogüetto,
-Soas (Rosa Cedrón e Cristina Pato)
-Limagoia,
-Crema de Gaita,
-Espido,
-Pablo Carpintero,
-Anxo Lorenzo Band,
-Emilio Cao,
-Isga Collective,
-Ialma,
-Colectivo Licor Kafé,
-Lulavai,
-Dúo de Arpa Céltica e Violín,
-BoNoVo,
-Faltriqueira,
-Lamatumbá
-Susana Seivane.


A derradeira actuación de cada xornada irá seguida dunha queimada.

Pero non só haberá actividades relacionadas con Galiza no pavillón, pois tamén terá lugar unha noite galega de gala no Grand Théâtre de Lorient coa actuación de Sondeseu e unha exposición fotográfica sobre o Camiño de Santiago. Así mesmo, a organización do Festival anunciou a contratación de Carlos Núñez, e os concertos, en diferentes espazos, de Sondeseu, Susana Seivane, Xacarandaina, Pradairo, a Agrupación Moxena e a banda de gaitas Airiños de Fene.

www.vieiros.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 18-06-2009 00:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Como poñan unha bomba en Lorient acabase a música tradi#blgtk08#cional galega!!! éste ano están todos,... mi madriña!!!
Comentario por maria (19-06-2009 11:20)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer