Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Encontro dixital con Susana Seivane
A gaiteira charlou cos internautas sobre o seu cuarto traballo: Os soños que volven.

Comezo do encontro

Hola a todos! por aquí ando outra vez, encantada de saudarvos a todos.

Hola Susana: ¿Tienes programado actuar en New York en un futuro proximo?

Tiñamos unha xira preparada para este próximo setembro pero parece que a crise tamén se resinte bastante alí e non sei se iremos. A verdade é que a xira que fixemos no 2002 fora espectacular e estaría encantada de voltar.

O domingo estiven a ver unha feira de artesanía onde expoñianse gaitas fermosísimas de diversos prezos. ¿hay moitas diferencia no son dunha gaita de 9000 euros a unha de 1600 ou e mais un tema de materiais nobres e horas de man de obra?. Graciñas e noraboa polo novo traballo.

pois se é unha gaita Seivane a calidade do instrumento é a mesma tanto se é unha gaita de 9.000 ou 1.600 euros, o que a encarece son os materiais que ti elixas, como o tipo de anelado por exemplo, é máis cara a prata que o metraquilato. Se personalizas o teu propio instrumento con grabados, etc. será máis cara.

Buenos días Susana, enhorabuena por el nuevo trabajo, ya teníamos ganas de que nos regalaras nuevas canciones. ¿Está afectando también la crisis al mundo de la gaita y a la música tradicional?

moitas gracias! A verdade é que non o saquei antes porque tiven afortunadamente moito traballo, non foi pola crise. Pero sí é certo que a crise se nota tamén na música. Hai moitos festivais, por exemplo, ós que lle recortaron o presuposto e outros que directamente van desaparecer, así que esto é unha pena porque xa non é que houbera moitos aquí en Galicia. Esperemos que esta crise desapareza pronto.

Que pensa das bandas de gaitas marciais coma a da Deputación de Ourense?

xa sabedes o que penso! dende a aparición destas formacíóns, tanto a miña familia coma mín, nos posicionamos en contra porque van en detrimento da música tradicional e da nosa cultura posto que non promocionan ó noso, senon unha copia das bandas escocesas e ademáis unha copia mal feita. Os cartos que se están invertindo nestas formacións eu preferiría que se invertira en grupos que sí coidan as nosas raíces para que non se perdan. Quero deixar claro, xa que teño a oportunidade, que os rapaces que integran estas formacións non teñen culpa ningunha, posiblemente só coñezan esa forma de achegarse ó instrumento que lles gusta, a gaita. A culpa é de quen se aproveita deles para o seu beneficio.

Cal é o Alalá do que mais gosta? E muiñeira?

Difícil pregunta para alguén que ama á música tradicional, pero un dos Alalás que máis me gustan é o das Mariñas e a muiñeira... a de Chantada!

Como gosta dixitalizar mais, en aberto ou pechado?

gosto máis en aberto porque foi como aprendín, pero o certo é que tamén utilizo no meu xeito de tocar moitas notas en pechado e encántame escoitar ós gaiteiros que tocan en pechado, paréceme moi puro.

¿Coñécese a data de publicación do teu novo disco?. De ser así, ¿onde poderemos acceder a mercalo?. ¡Graciñas!.

data exacta non hai pero o máis seguro é que a finais da semana que ven xa estea no mercado. A maneira que ides ter de conseguilo é unha sorpresa, así que non podo adiantar nada, pero vai ser un xeito diferente, non vai ser unha distribución convencional e vai estar ó alcance de todos e tamén económicamente. En tempos de crise, creo que hai que axudar para que a xente poida apretarse ó cinturón, eu non quero facer negocio con esto, senon que o que quero é que todos teñades acceso á miña música.

consideras que Pato toca mellor ca ti ou prefires non mollarte opinando? Un saúdo

A verdade é que temos estilos tan diferentes que non sei por que nos seguides comparando. As miñas fontes de aprendizaxe sempre foron moi tradicionais, sempre me fixei nos vellos gaiteiros, no xeito que tiñan de interpretar e ó longo dos anos fun adquirindo o meu propio estilo que din que recorda ó dos vellos gaiteiros. Ela aprendeu a tocar na Real banda de Gaitas de Ourense, unha banda marcial, polo tanto o xeito, a esencia é completamente diferente. Quen o fai mellor? Eso volo deixo a vós ;-)

Hola Susana. A primeira vez que te vin actuar foi nunha cervexería de Ferrol, foi unha cousa creo que expontanea...¿lembraste? hai uns 12 anos

acórdome! efectivamente foi algo espontáneo que xurdíu naquel momento no que fun tomar algo cuns amigos. A verdade é que disfruto moitísimo desas foliadas con amigos, non só nun esceario con mogollón de xente diante, que tamén, pero o outro é moi especial, pásoo moi ben e gústame facelo de vez en cando.

como ves a continuidade da musica tradicional galega? segue tendo oco o noso folclore nos tempos que corren?

Eu véxoa moi ben, con moita saúde. Agora mesmo hai moitísimos grupos que están facendo cousas realmente bonitas e interesantes, cada un no seu estilo. Eu creo que se as autoridades competentes a apoian debidamente, temos música tradicional galega para sempre. Fóra das nosas fronteiras é impresionante o ben recibida que é a nosa música, os guiris alucinan coa gaita e sen ter nada que ver con Galicia, escoitan o noso instrumento e emocionanse, póñenselle os pelos de punta, unha pasada. Eso é que temos algo que nos diferencia, unha cultura propia que non debemos nunca olvidar e sí mimar e coidar como o noso gran tesouro.

¿ Qué se sinte ao ser unha das primeiras gaiteiras da nosa terra ?

Bueno, creo que houbo moitas antes ca mín. Antigamente tamén había gaiteiras o que pasa que non tiveron o recoñecmento debido supoño que por estar nunha sociedade máis machista que a de hoxe en día. Téñenme contado que se había algunha muller nun pobo que tocaba a gaita, tiña que facelo ás agachadas, estaba mal visto, e os veciños dicían da súa casa que estaba "encantada".

Vin fai meses na tua web que pedías fotos antigas para a portada do teu disco. Pareceume moi orixinal que nos faceras partícipes a todos, ¿Cómo xurdiu a idea?.

O disco vaise chamar "Os soños que volven". Os soños son as melodías que eu quería que volveran ós días de hoxe, e estas pezas son as que toco dende sempre, dende os tres anos. Entón é como facer unha viaxe ó pasado, un tanto melancólico quizáis, pero alegre. Entón ó meu amigo Guille ocurríuselle a idea do das fotos, pareceume xenial, e quixen publicalo para que a xente se enterara de que podía poñer o seu grao de area no traballo se lle apetecía. Recibimos moitísimas fotos de xente de moitas partes do mundo, así que xa vos veredes!

¿Agardas mil primaveiras máis para a música galega ou corre o risco de esmorecer como a lengua en debates absurdos?

efectivamente, debates absurdos. Quero mil primaveras para a música, para o noso idioma e para a nosa cultura en xeral. Se non coidamos todo esto, dende que somos pequenos nos colexios, perderemos a nosa identidade como galegos, e se esto nos diferencia doutros pobos que non o teñen, quere dicir que somos privilexiados e que a máxima nosa tería que ser que non se perdera esto baixo ningún concepto. Non estou a favor das imposicións, pero non creo que sexa unha imposición cultivar o teu, o que che fai especial como pobo.

Tu piropo favorito

O piropo máis bonito que me dixeron foi: "galicia é música, ti es Galicia"

escuche dos temas de tu ultimo trabajo y tengo que felicitate pero por favor que haces para estar cada vez mas guapa??? haras muchisimo deporte o tendras entrenado personal o algo asi no??

Moitas gracias, alégrome que che gustaran os temas. Pero ti que es adiviño ou que? pois sí que teño entrenador persoal, antes facía moito deporte e levaba anos que non, así que decidín poñerme as pilas, bueno, tiveno fácil porque é meu mozo quen me entrena ;-). A verdade é que ten un método revolucionario e encóntrome moitísimo mellor. Se se porta ben, igual o levo de xira para que me estire antes de saír ó esceario.;-)

¿Te a propuesto alguna vez interviu salir desnuda en la revista?. De ser asi, ¿aceptarias?

Interviu non, pero outra das coñecidas sí, aínda que non para saír desnuda, pero sí digamos lixeiriña. Por aquel entón non quixen, así que non creo que me apeteza de repente.

Ola Susana. Con cal dos teus catro discos te quedarías?

Como se soe dicir: "Son todos fillos". É como se a unha nai lle preguntas a que fillo quere máis. A verdade é que estou moi orgullosa dos catro, pero este último paréceme unha pasada. Traballeino cós músicos que me acompañan en directo, que xa levan traballando comigo moitos anos e nos entendemos moi ben persoal e musicalmente. E logo tamén tiven colaboracións moi especiais, bueno eso en todos os discos. Neste colaboraron xente como Rodrigo Romaní, Anxo Pintos, Pedro Lamas, Harry Price... musicazos! E moitos máis. A colaboración máis especial é un latexo, o do meu afillado cando estaba no ventre da miña irmá no sexto mes de xestación.

Como levas o de viaxar tando durante a xira?

Por unha parte moi ben, porque a verdade é que o pasamos xenial todos xuntos, teño un equipo de traballo marabilloso, levámonos todos estupendamente, contámonos as nosas cousas, non sei, temos moita confianza. Rímonos moito xuntos, somos como irmáns e esto é moi importante cando pasas moito tempo con alguén. Logo nos concertos por aí fóra, pasámolo en grande! É impresionante a aceptación que ten a nosa música fora das nosas fronteiras e nos mellores festivais do mundo. Claro que tamén cando as xiras son moi extensas e botas moito tempo sen estar na casa, ou tes moitos concertos seguidos sen descansar, lévase peor, botas de menos á familia, ós amigos, á miña casa, ás miñas cadelas, gatas, etc.. Síntome privilexiada de que o meu traballo sexa a miña paixón dende pequena.

Fáloche dende París. Pensas tocar aquí este ano?

Bonjour! este ano París non toca, pero sí que estaremos facendo dous concertos no Festival Internacional de Lorient, que ademáis este ano está adicado a Galicia. Creo que é a quinta vez que imos a Lorient, e sempre é un pracer volver, é impresionante, síntome moi quedrida polos franceses, a verdade é que nos últimos 5 anos traballamos moito alí, vendemos un montón de discos, máis que aquí porque alí non existe a piratería. Non sei, alí encóntrome coma na casa, de feito Bretaña, que é onde máis tocamos, é moi parecido a Galicia. Así que vémonos en Lorient, au revoir!!

Hola Susana. ¿Que opinas que moitas das festas que teñen lugar no verán non contraten grupos folks cando cada vez ten mais exito festas como a de Ortigueira, Carballeira....?

Pois é algo que non entendo! Penso que hoxe en día hai sitio para todos, orquestas, grupos folk... Hai uns anos levábase bastante o que contratar a unha orquesta, e no descanso meter un grupo folk. A verdade é que nós fixemos varias veces esto e funcionou moi ben porque estás ofertando música para todos os gustos e edades, seguimolo facendo, seguimos tocando nas festas dos pobos ou cidades grandes, pero creo que esto se tería que apoiar moito máis.

Para cuando un concierto con lo mejor del folk gallego: Luar na Lubre, Milladoiro, Pato, Núñez..... y tu claro?

Para cando a maioría dos que citaches, queiran

Hola guapa, sígueslle dando tan bén aos bolos como a gaita? Teño xogado algunha vez a túa beira e dávaslle bastante ben. Bicos. Marcos.

Bueno, aí lle andamos! Fai tempo que non vou, e eso que xa teño zapatos e bola propia! Gústame moito e pronto hei volver porque esta temporada andíven moi liada có novo disco. Tamén hai pouco descubrín o Padel, impresionante o ben que o paso! cando queiras retoche a unha partida de bolos!

Pregunta simpáticamente comprometedora: ¿"Grazas" ou "Graciñas"?. (Saúdos de Gil).

Gracias e graciñas. Non me gusta grazas e non o utilizo. Con estas cousas que se fan tan raras, como non vai dicir a xente maior: Ai, eu non sei falar galego! Normal, na miña casa, nunca se dixo "grazas" e paréceme antinatural dicilo.

Buenos días Susana. ¿Cuáles crees que deben ser las cualidades de un/a gaiteiro/a para destacar sobre el resto?

Como di meu avó, Xosé Manuel Seivane, hai moitos tocadores de gaita pero hai poucos gaiteiros. Eu creo que as cualidades máis importantes que ten que ter un bó gaiteiro é sensibilidade e bó gusto. Sen esto creo que estamos perdidos. Despois a técnica gáñase có tempo, pero có outro tes que nacer.

Bos días gaiteira, ¿cal foi o concerto máis emotivo ou especial da tua carrera e por qué?

esta pregunta é moi difícil porque tiven moitos. A última vez que tocamos en Ortigueira por exemplo, no 2004, fora espectacular. Por certo, este ano presento alí "Os soños que volven", con todos os artistas invitados que participaron no disco, así que quérovos ver a todos alí, será o venres 10. Pero despois hai moitos concertos especiais, o ano pasado por exemplo, no Chao, en Ribeira de Piquín, onde os veciños de toda a vida do meu avó lle fixeron unha homenaxe, houbo actividades durante todo o día, lín eu o pregón pola mañá, e todo esto pechouse cun concerto meu pola noite á beira do río no que tantas veces me bañaba de pequena cando pasaba as vacacións alí, moi especial. Ou cando estando en Chicago, diante de 25.000 persoas, no Grand Park, ó lado do lago Michigan, despois da primeira peza, diríxome ó público para saudalos e escoito das primeiras filas: "viva Cambre, jaiteira". Hai moitas anécdotas que fan que moitos, moitísimos concertos sexan especiais.

¿còmo integras tu parte andaluza en el entorno cultural gallego?

Pois dunha maneira... diferente. Explícome. Eu nacín en Barcelona, meus pais traballaban así que me criaron os meus avós andaluces, aprendín a tocar a gaita estando con eles. Poñíanme cancións de Juanito Valderrama, Manolo Escobar... e eu aprendíaas na gaita. Era unha maneira moi natural de estar entre estes dous mundos. Encántame o flamenco e en varias das miñas pezas hai guiños. Cando me xunto coa miña familia materna, son unha andaluza máis. Síntome moi orgullosa das miñas raíces.

Fin do encontro

Moitas gracias a todos! Xa me despido mandándovos un forte bico, gracias polos vosos ánimos. Espero que disfrutedes moito có meu novo traballo "Os Soños que volven", espérovos nos meus concertos, que este ano estarei moito por Galicia. Moitos bicos!!

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-06-2009 00:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer