Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Agustín Lorenzo Loroño. O Gaiteiro de Catoira
"Agustín Lorenzo Loroño. O Gaiteiro de Catoria" é o novo título da colección Multimedia de Cumio, no que se recorda a un dos gaiteiros das Rías Baixas que máis pegada deixaron en grupos posteriores e que foi fundador do grupo Brisas do Río Ulla.

A arte de escribir debería ser, inescusablemente, realizada sempre por persoas instruídas e capacitadas para tal fin. Neste caso é un gaiteiro o que se ve na tesitura de poñerse a escribir en torno á vida doutro gaiteiro, polo que debería considerarse –cando menos– un ousado, xa que a responsabilidade que adquire é enorme, non tratándose –ademais– de calquera gaiteiro, senón dun dos que sobresaen; dun que empezou no oficio sendo neno e que tan só a morte foi quen de facelo deixar de tocar.
Si, e digo ben a morte porque Agustín Lorenzo Loroño, Agustín o Carabinero, o Gaiteiro de Catoira, deixou este mundo de vivos como el sempre dixo que lle gustaría que fose: tocando a gaita. E así foi: mentres daba as primeiras notas da alborada da festa de San Miguel, o patrón da súa propia vila, a escasos metros da súa casa. Aconteceu o 28 de setembro de 1997, cando contaba a idade de oitenta e sete anos, acompañado polo grupo que el fundara alá polo ano 1928: Brisas do Río Ulla.

Vestido de gaiteiro recibiu sepultura ó son das gaitas que compañeiros e admiradores tocaron para despedilo ó xeito do que el era: un gran gaiteiro e unha grande persoa.

A importancia que ten a presenza deste gaiteiro na historia da música galega é tal que, de non ter existido, é posi ble que non chegasen a crearse institucións tan emblemáticas como Os Rosales, Os Areeiras, Faíscas de Xiabre ou mesma mente Milladoiro. Todas estas figuras da música, e as conse guintes secuelas, poderían ter máis relación co Gaiteiro de Catoira da que se pode intuír a simple vista.

www.cumio.com
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 17-06-2009 14:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Este xoves día 18, ás 19:00h na e-Trad terá lugar a presentación do libro Agustín Lorenzo Loroño, O Gaiteiro de Catoira, escrito polo músico Xosé Ameneiro e publicado por Edicións do Cumio dentro da súa colección multimedia.

Durante a presentación, que terá lugar no Auditorio da e-Trad na Avenida Garcí#blgtk08#a Barbón nº 5, estarán o autor do libro, Xosé Ameneiro, Agustín Lorenzo fillo, que continúa co grupo fundado polo seu pai; e Cándido Meixide, respondable da Colección Multimedia de Edicións do Cumio. Ao final do mesmo actuará o grupo Brisas do Río Ulla, que interpretarán as melodías máis coñecidas do gaiteiro.
Comentario por Xan Lois (18-06-2009 02:41)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer