Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Entrevista a Carlos Nuñez
O gaiteiro vigués máis internacional regresou a súa terra cun novo traballo baixo o brazo, ‘Alborada do Brasil’, onde amosa o resultado de tres anos de investigación na procura da galeguidade no país carioca. A paixón pola música e o amor polos seus antergos danse a man nunha experiencia que Núñez califica como ‘unha viaxe sorprendente e estimulante’.

Cun lixeiro retraso, lixeiramente abafado, pero lucindo un grande sorriso, chegou onte Carlos Núñez a súa entrevista no hotel NH. Semellaba regresar dunha longa viaxe, mentres tiraba nunha pequena maleta con rodas. Eufórico, amosouse impaciente por falar do seu último traballo, ‘Alborada do Brasil’, que sairá ao mercado o vindeiro martes.

Por qué ese título, ‘Alborada do Brasil’?
Foron unhas proféticas palabras ditas polo meu avó: ‘A luz dunha nova alborada nacerá no Brasil’, aínda que el referíase ao seu pai, o meu bisavó, un músico que chegou a Brasil en 1904 e desapareceu sen deixar rastro, é moi posible que o matasen por amores ou por temas profesionais, aínda é un misterio por resolver. Foi a excusa para ir a investigar a Brasil. O trasfondo da viaxe foi o significado que para min tiveron esas palabras, o feito de descubrir a Galicia que hai neste país e a música brasileira de orixe galega, froito da mestura de culturas e sons.

Atopou esa música de fusión que procuraba?
Cando decidín embarcarme nalgo así, non sabía o que me ía a atopar, descoñecía que estaba viaxando ao país coa mellor música do mundo, era o sitio idóneo para gravar o meu disco. Nunca imaxinara a potencia do que atopamos.

E do que aconteceu ao seu bisavó, conqueríu dar coa pista?
Apareceron as súas pegadas, agora só fallan as probas policiais e de ADN. Puiden escoitar as súas composicións e averiguei qeu tivo moito éxito coa peza ‘Maxixe de ferro’, unha versión para o carnaval, escrita no mesmo ano en que chegou. Este tema inclúoo no meu disco, gravado con bandas de música locais, que alí son moi apreciadas. Entendín que o meu bisavó, un músico de banda, viaxará ao país das bandas por excelencia. Foi unha viaxe iniciatica na procura do meu bisavó e da galeguidade do Brasil. Foi divertido e espontáneo.


Hai un tema atribuido a Rosalía de Castro, é real ou lenda?
’Alborada de Rosalía’, foi composta pola poetisa. Hai unha faceta musical de Rosalía pouco coñecida. Tocaba a guitarra, a frauta e a harmónica. Inspirouse nunha melodía dun gaiteiro da súa zona. É un poema co ritmo da gaita e o rap do Brasil resoltou o estilo idóneo para o interpretar.

Este disco tamén conta con colaboracións de luxo.
Tocan case cen músicos neste traballo e amosan os diferentes Brasiles que hai: The Chieftains tocan música nordentina, brasileira con influxo celta; Carlinhos Brown representa o protagonismo dos negros de Bahía; a do interior, a grande reserva de Gallaecia, ond perviven as influencias dos portugueses miñotanos, pero tamén está a influencia dos trovadores urbanos que viven en pisos xunto á praia como Caetano Veloso.

‘Este traballo é unha aposta polo futuro que abre un novo mundo para a música’

Cando programa esta aventura musical e familiar?
Hai dez anos que sentín a chamada de Brasil, pero por entón aínda non estaba preparado. Faltábanme moitas experiencias como a investigación africana ou a flamenca. Agora presento o resultado de tres anos de traballo, contactos e investigación musical.

E un disco caro nunha época de crise?
Seino, foi caro e será imposible de recuperar, pero quen me vai sacar o gustazo? É unha aposta de futuro, penso que pode abrir un novo mundo, igual que no seu momento pasou coa música celta. A relación Galicia-Brasil é marabillosa e será un éxito porque inclúe ese compoñente africano, esencial para que unha son triunfe.

Agora inicia unha xira de promoción, cando estará en Vigo?
Comezamos en xullo por Europa. En Galicia, aínda non temos pechada nengunha data, aínda que é moi probable que estea axiña por aquí. Encantaríame traer a Carlinhos Brown ou algún dos negros de Bahía pola especial relación que teñen cos galegos.

E despois, cal é o seguinte chanzo a dar?
Temos que acabar o vídeo da viaxe que fixemos por Brasil. Temos gravadas 100 horas e faltan outras tantas para contar a esencia da miña experiencia familiar e musical.

www.atlantico.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-06-2009 14:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer