Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Asemblea Aberta contra a censura e a marxinación da música galega
Contra a censura e a marxinación da música galega

Queda convocada a Asemblea Aberta para organizarnos, propoñer ideas, ofrecer recursos, etc ,

Sábado 13 de Xuño ás 12:30hs. do mediodia na Sala NASA de Compostela.

www.komunikando.net

Diante da eliminación da música galega do programa ABERTO POR REFORMAS , e en relación coa deformación e perversion dos seus contidos…

e por iso...
Entendemos que esta medida de eliminación da música en língua galega supón un paso máis na política de represión, empobrecemento e marxinación que os responsábeis políticos da Xunta de Galiza están a realizar contra a lingua e a cultura dos galegos e galegas.

Queremos denunciar, como xente preocupada pola nosa música e a nosa cultura, esta agresión dirixida –cunha intención política e simbólica evidente- contra un dos veículos de comunicación do movimento de Rexurdimento Musical que as novas xerazóns do mundo da música estamos a protagonizar, impulsado por unha sociedade que sabe valorar a sua criatividade.

Queremos posicionarnos e defender de forma decidida, belixerante e irrenunciábel a presenza da música galega na nosa Radio Pública.

Queremos dirixirnos á xente sensível coa nosa cultura e coa nosa música, para sumarse a esta denuncia, a esta reivindicación lexítima: A MÚSICA GALEGA DE VOLTA Á RÁDIO GALEGA!

Pedimos que se restableza un programa diario que de conta dos traballos musicais editados en galego e que conte cos seus protagonistas e que a nova programación non elimine contidos culturais propios en todas as súas variantes: música, cine, libros e arte en xeral.



www.komunikando.net
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 12-06-2009 01:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Apoios de bandas á campaña até o momento:

Banda Potemkin
Cuchufellos
Esquios
Fanny + Alexander
GalegoZ
Machina
Novedades Carminha
Sacha na horta
Trapallada
O Leo i Arremecághona!
#blgtk08#> Pito de Pikasso
Fracasados de Antemano
Nao
Mencer Vermello
Kogito
Treme a Terra
Ulträqäns
Os John Deers
Duplo Son
O Chícharo psicótico
Chotokoeu
Maus vizinhos
Inllorfeis
...
Comentario por Xan lois (10-06-2009 09:17)
2 Maghúa,#blgtk08# tamén
Comentario por Maghúa (10-06-2009 16:51)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer