Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Azou: en busca do grupo adolescente galego
O grupo 'Azou' busca crear un fenómeno adolescente para a música en galego

Tres firmas pretenden que os rapaces galegos teñan o azou o ano que vén. Esa palabra "dicir na Mariña a quen non para quedo, a quen está todo o día movéndose", segundo os promotores dun conxunto musical de catro rapaces que cantarán en galego e que terán o respaldo dunha serie para televisión e de politonos, pantallas para teléfonos móbiles, mp3 e videoclips.


A empresa sarriá Ouvirmos uniuse as firmas Control Z e Ideas Agudas, fundada polo mariñán Xosé Miranda, para promover "un proxecto musical para rapaces de entre 13 e 20 anos, que nunca antes foi diana dun proxecto musical en galego", apunta Xosé Aldea, responsable de Ouvirmos.

Estes empresarios detectaron un baleiro en produtos culturais realizados en Galicia para mozos galegos tras o paso do furacán que representou o Xabarín e armaron esta iniciativa comezando por un deseño dun grupo e por un cásting.

A selección reuniu a un total de 150 candidatos en reunións celebradas en Santiago, A Coruña e Vigo. Dela saíron tres mozos e unha moza de entre 18 e 22 anos, "aos que se requiriu que soubesen cantar e bailar, ademais de dar ben en escena", apunta Aldea. O conxunto terá que demostrar eses coñecementos nos directos que dean por toda Galicia, pero na televisión terán catro trasuntos que protagonizarán unha serie de animación.

Tamén terán que facer de catro mozos que pertencen a tribos urbanas da Galicia do 2030, pois a estética será futurista. Como consecuencia de que cada un deles terá a súa estética, convivirán diversos estilos musicais, que serán de hip hop, pop electrónico ou de aires melódicos, pero dando a cada un o seu protagonismo nos diferentes temas.

Ouvirmos asumirá a parte musical do proxecto, para o que colabora Marcos Payno, quen preparará as bases gravadas sobre as que actuarán os catro mozos. Payno, con experiencia en bandas como Xenreira ou Galegoz, é tamén o compositor das cancións, que tratarán "temas actuais ou os problemas dos mozos cun toque de picardía".

Xosé Aldea anunciou que faremos "unha edición pequena de discos destinada a coleccionistas, porque o resto será todo en dixital".

Xosé Miranda, que ideaba camisetas para Rei Zintolo, ocupouse do deseño, que terá por escenario, en palabras de Aldea, "unha cidade cunha estética que estará inspirada nos barrios novos do sur de Santiago. Para entoncesa Galicia aparece como unha cidade única, resultado da unión das que xa existen agora".

Vivirán nunha sociedade non estruturada en clases nin clans, máis profesionalizada. Miranda tamén ideou o merchandising que acompañará ao grupo.

O traballo audiovisual con Azou! será xestionado pola compañía Control Z, unha empresa que fixo a súa primeira longametraxe no ano pasado.

O primeiro capítulo da serie conta cun story board, que tamén se usará para presentar o proxecto tanto na televisión como en internet. A estética dos personaxes que aparecerán nestas producións corresponderase coa dos integrantes de Azou!'.

Desde un emo a unha lolita
A estética dos catro personaxes que representarán os rapaces seleccionados responderá a outros tantas formas de vida. Unha das mozas será unha probadora de videoxogos (unha beta-tester), que vestirá con aspecto emo. A súa aparencia contrastará coas cores vivas que vai vestir a lolita, que mira o mundo cun cristal rosa.

A vestimenta alternativa será o dun voluntario que traballa cunha ONG. Azou! quedará completo cunha chinesa de aire hip hop.
http.galiciae.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-06-2009 23:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer