Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Campaña de protesta contra o cambio en Aberto por Reformas
Dada a importancia da existencia dun programa desa caracteristicas nun ente público como é a Radio Galega estase a organizar por todo internet medidas de protesta para recuperar o espíritu do programa, ser altofalante dos grupos galegos e en galego.

Unha das primeiras medidas é remitir á radio galega o sentir do moitos mozos, e non tan mozos, que colleron este programa como xeito de expresión dunha cultura que está aí e que axudou a xurdir unha morea de grupos músicais, de todos os estilos, nunca vista en Galiza e cunha proxección discográfica que fixo batir nestes últimos anos o record de publicacións de discos e festivais.

Correos de protesta remitidos a:

info@crtvg.es
abertoporreformas@crtvg.es
sxpl.secretaria@xunta.es
dir.rg@crtvg.es



Comentarios (4) - Categoría: Novas - Publicado o 05-06-2009 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 ESTOU TOTALMENTE DE ACORDO!!!!!!!
Xa se sabía que se iba notalo cambio...
En fin, espere#blgtk08#mos que coas protestas de todos poidamos facer que volva Alberto a seguir animándonos co seu bo facer.
Comentario por noelia (05-06-2009 10:49)
2 Modelo de carta que xa rula por intenet

Prezada señora,

Prezado señor,

Até o martes 2 de xuño eu era ouvinte do programa Aberto por reformas, presentado por Xurxo Souto. Gustábame porque por fin tiña un espazo onde coñecer e desfrutar da música feita en Galiza e en galego. O martes 2 tiven a desgraza de descubrir que por motivos que descoñezo (e que non se deron a coñecer tampouco no propio espazo) nin estaba Xurxo Souto nin tampouco a música en galego.

Non serven excusas banais empregadas polo novo presentador, Xusto López Carril, de que “a selección da música é subxectiva”. Non é subxectiva desde o momento en que debe seguir o parámetro que na propia descrición do programa se indica: “un lugar de encontro para os estilos musicais máis variados, unidos polo nexo da li#blgtk08#ngua galega.”

A partir de aí, señor Xusto, escolla as cancións que máis lle gustaren, mais até que Bruce Springsteen non publique en galego, abstéñase de encher a hora que a Radio Galega (pagada cos nosos impostos, e por tanto, deduzo que tamén o seu soldo) reserva para a nosa música con música noutras linguas. Onde está garantida, neste feito, a obriga da CRTVG de promover a lingua galega? Se quere pór música foránea (pola cal comparto o gusto, posto que non ten nada a ver a defensa da lingua coa amplitude de miras -cousa que moita xente parece mesturar sen criterio ningún), fágao noutro espazo e non nun programa que tanto fixo (e debería seguir facendo) por esta parte fundamental da nosa cultura.

Agardo unha resposta, como administrada que está a sustentar esta empresa a través dos seus impostos.
Comentario por Xan Lois (05-06-2009 11:21)
3 Outro modelo:

Á DIRECTORA XERENTE DA RADIO GALEGA



Prezada señora,



Até o martes 2 de xuño eu era oínte do programa Aberto por reformas, presentado por Xurxo Souto. Gustábame porque por fin tiña un espazo onde coñecer e gozar da música feita en Galiza e en galego. O martes 2 tiven a desgraza de descubrir que por motivos que descoñezo (e que non se deron a coñecer tampouco no propio espazo) nin estaba Xurxo Souto nin tampouco a música en galego.



Desde esa data o programa deixou de ser un lugar de encontro para os estilos musicais máis variados, unidos polo nexo da lingua galega, para converterse nunha selección musical realizada a criterio do presentador, segundo as súas palabras, que consiste día tras día nunha relación de pezas musica#blgtk08#is que nin pertencen ao noso ámbito cultural, nin son de actualidade.



Como oínte da Radio Galega, unha radio pública pagada cos nosos impostos, considero que con medidas como esta imcúmprese a obriga da CRTVG de promover a lingua galega e as manifestacións culturais que a teñen como medio de expresión. Por outro lado, entendo que é un retroceso máis para a nosa lingua, dos que se veñen producindo desde a toma de posesión do novo goberno da Xunta de Galicia.



Finalmente agardo que, mediante este escrito, teña por formulada a queixa contra a modificación de contidos do programa Aberto por reformas e considere a solicitude de que retorne ao seu formato orixinal.



............................., .... de xuño de 2009.



Asdo:
Comentario por Xan Lois (05-06-2009 12:06)
4 Grazas polos modelos#blgtk08#. Enviado queda ;-).
Comentario por Ghillerme (06-06-2009 12:52)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer