Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Arquivo Sonoro de Galicia
O Arquivo Sonoro de Galicia desenvólvese como un programa dentro do Consello da Cultura Galega, dun xeito continuado dende 1995 aínda que os seus primeiros traballos comezan en 1992.

O labor esencial do Arquivo Sonoro de Galicia xira en torno á recuperación do patrimonio oral e musical galegos e xorde co propósito último de se converter ou, cando menos, sentar as bases para a creación e posta en funcionamento da necesaria e futura Fonoteca de Galicia.


En materia de Etnomusicoloxía o Arquivo Sonoro de Galicia dispón das gravacións orixinais (237 CD acompañados das súas transcricións) realizadas por D. Schubarth e A. Santamarina e que deron lugar ao Cancioneiro Popular Galego. Tamén se conserva a importante doazón de P. Carpintero con máis de 300 horas de gravacións.

Cómpre subliñar a recompilación de todas as gravacións que deron lugar ao Cancioneiro Popular Galego, a obra fundamental sobre o folklore musical de Galicia.

Este traballo rigoroso, abnegado e magnánimo foi realizado por Dorothé Schubarth e Antón Santamarina. En 1978, a musicóloga suíza chega a Galicia durante as súas vacacións coa intención de coñocer a nosa música popular.

A riqueza, a diversidade e, incluso, os sinais propios e peculiares do que escoltaba prolongaron durante cinco anos a súa estancia. Un primeiro achegamento curioso converteuse nunha paixón que prolongou a súa estancia e o seu traballo de campo durante cinco anos.

As súas dificultades coa lingua galega precisaron de axuda e atopouna en Antón Santamarina, filólogo da Universidade de Santiago de Compostela, que se converteu en parte importantísima no traballo de recompilación, transcricións de textos e clasificación.

No ano 1984, tras un intenso traballo de recolleita que abrangue a 38 zonas xeográficas galegas e limítrofes, do análise, clasificación e estudo dese amterial, publicouse o Cancioneiro Popular Galego en sete volumes. Esta xoia bibliográfica foi patrocinada pola Fundación Barrié de la Maza así como gran parte do traballo de campo que orixinou esta edición. Este apoio institucional foi decisivo para que hoxe estea recollido o noso “corpus musical popular”.

Dorothé Schubarth introduciu parámetros de clasificación descoñecidos en Galicia e novidosas metodoloxías de traballo e de compilación que, aínda hoxe, están a influír nos nosos estudosos. En palabra do profesor López-Calo “un libro ao que non é aventurado calificar como a máxima aportación xamais intentada cara á conservación e coñecemento do folklore musical de Galicia”.

No Arquivo Sonoro de Galicia consérvanse os 248 CD -copias dixitalizadas das gravacións orixinais- con cadansúas transcricións, que D. Schubarth e A. Santamarina tiveron a xenerosidade de depositar para a súa consulta pública e a difusión do noso patrimonio musical popular.

www.consellodacultura.org/arquivos/asg
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-06-2009 01:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer