Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI)

Mini e Mero levan corenta anos desenvolvendo un inmenso traballo de investigación musical a través de toda Galicia, pero especialmente pola súa Terra Cha natal e polas terras de Boimorto e Mesía, onde exercen a súa profesión de profesores, en busca de persoas dispostas a compartir a súa sabedoría popular.

Todo este material, por eles recollido en milleiros de cintas magnetofónicas, foille cedido por Mini e Mero ao Museo do Pobo Galego para ser dixitalizado e pasar a formar parte do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade, que moi pronto estará dispoñible na páxina web do Museo, facendo explícita a súa firme opción por facer públicas as súas gravacións para que volten ao pobo do que saíron, tal como a xente do pobo llelas fixo chegar a eles.


O Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) xorde como consecuencia da evolución do proxecto Sons e Voces da Identidade, o programa de dixitalización, catalogación, estudo e difusión do patrimonio inmaterial que o Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego pon a andar en abril de 2007.

Un arquivo destas características, público e accesible desde calquera lugar do mundo e que dá conta da autoría das achegas que se incorporan, pasará desde o Museo a ser un arquivo do pobo galego que teña a ben participar nel. Estamos fronte a un intento de que a obra dunha institución poida vivir e medrar por si mesma, porque a fagan medrar os seus usuarios, mais aló de onde ela mesma podería chegar, e darlle con iso á propia institución o maior dos pagos, o de facer o país polo que ten sentido que exista.

Unha vez completada a dixitalización dos arquivos de Mero Iglesias e Mini Rivas, que se atopan en pleno proceso de edición para a súa incorporación gradual ao APOI, comezou o labor técnico de recuperación do arquivo de don Xesús Mato, que ofreceu o seu rico fondo de materiais recollidos no territorio de Lugo.

Simultaneamente estanse dixitalizando os fondos de cintas magnéticas existentes no Museo do Pobo Galego: os materiais recollidos no proxecto Recupera-la tradición oral, e os resultantes do traballo de investigación sobre saúde comunitaria no concello de Santa Comba dirixido por Marcial Gondar

www.apoi-mpg.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-06-2009 01:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer