Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cidades imaxinarias, espectáculo de arte total da Aula Folque Infantil de Pontevedra

Este sábado 30 de maio ás 18 h no Teatro Principal de Pontevedra os nenos e nenas da AFI actuarán co seu último espectáculo Cidades imaxinarias, obra que mistura música, teatro e novas tecnoloxías nunha viaxe por espazos cotiáns e cunha reflexión irónica sobre o ser humano.

O Laboratorio de Sons e a Compañía Infantil AFI chegan así á súa terceira grande produción logo de termos amosado unha grande calidade conceptual e executiva co Circus AFI (2007) e Morfasóns (2008) nunha cita anual que se renova cada edición.

Cidades imaxinarias é o título dun espectáculo que mistura danza, teatro, música, video-creación, canto e improvisación libre. Está escrito e interpretado por rapaces entre 6 e 13 anos, protagonistas absolutos da obra na que os mestres da AFI simplemente os guiaron e coordinaron no proceso creativo.

A obra plantexa unha viaxe por diferentes espazos: un peirao, unha praia, unha grande urbe, un mercado,... desenvolvida en distintas artes escénicas para representar valores colectivos universais, “o resultado desta viaxe é que ao final todos somos iguais e estamos xuntos no mundo” afirma Marcelo González, coordinador do proxecto.

Cidades Imaxinarias é o resultado do traballo do curso que os máis pequenos desenvolven no Laboratorio de Sons, unha actividade que ten lugar todos os sábados dentro do programa docente da Aula Folque Infantil da AFI no edificio do Antigo Conservatorio de Música.

A AFI (Aula Folque Infantil) e un proxecto de escola experimental asociado ao Centro Galego de Música Popular, aCentral Folque.

www.folque.com
info@folque.com
+34 881 031 829
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-05-2009 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer