Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XXVII Día da Muiñeira na Coruña

BASES

1. O “Día da Muiñeira” celébrase con carácter de exhibición, non de concurso.

2. Poderán participar nel os grupos de Asociacións Culturais e Recreativas, Centros de ensino, Asociacións Folclóricas, Centros Parroquiais, Asociacións de Veciños, Asociacións Xuvenís, Centros Sociais, etc, de toda Galicia, sendo requisito indispensable enviar debidamente cuberta a folla de inscrición adxunta:

- Ó local social na rúa Historiador Vedía, 3-soto 1º na Coruña

- Por correo electrónico á dirección: info@xacarandaina.com

3. O prazo de admisión de inscripcións rematará o día 30 de Maio.

4. Os participantes poderán ser grupos mixtos, femininos ou masculinos, sexan infantís, xuvenís ou de adultos, non sendo obrigatorio o uso do traxe tradicional.

5. O XXVII Día da Muiñeira terá lugar o domingo día 7 de Xuño de 2009, comezando cun pasarrúas dende a praza de María Pita ata os Xardíns de Méndez Núñez, onde terá lugar a exhibición.

6. Os grupos daránse cita nos soportais da Casa do Concello da Coruña, na praza de María Pita, ás 17:00 h. Alí colocaránse no lugar sinalado có seu número correspondente, do que serán informados nos días previos ó acto.

7. Ás 17:30 h. dará comenzo o pasarrúas e ás 18:00 h. terá lugar a lectura do pregón e a exhibición.

8. Tódolos grupos inscritos bailarán ó mesmo tempo, aínda que en grupos separados, tres muiñeiras formadas por 5 voltas e 4 puntos, con breves descansos entre elas.

9. Por último, procederase á entrega de agasallos conmemorativos aos participantes, polo que unha parella de cada asociación deberá achegarse ó escenario para recollelos.

Para calquera dúbida ou aclaración, pódense poñer en contacto con nós

- no teléfono 981 277 315
- por correo electrónico:
info@xacarandaina.com

XXVII DÍA DA MUIÑEIRA NA CORUÑA
A. C. XACARANDAINA – 7 de Xuño de 2009


Nome da Agrupación ________________________________________________________________

Enderezo _______________________________________________________tlf. ________________

Correo electrónico (envío documentación) _______________________________________________

Nº de grupos que participan ____________ Número de pparticipantes en total ___________________

Nome dos grupos ___________________________________________________________________

__________________________________________________________________________________

Nome e teléfono do responsable dos grupo_______________________________________________









Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 01-06-2009 11:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Suspendiuse, que pena porque os rapaces
pequenos tiñan moitas ganas de ir, dende logo#blgtk08# Xacarandaina os miraron mal, pero para mi sodes os millores, viva galiza.

Comentario por (08-06-2009 12:36)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer