Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

II Concurso de Fotografía Antiga
A Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir en colaboración co Concello de Ramirás e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo “Xocas” da Deputación de Ourense, convoca o II Concurso de Fotografía Antiga.

Este bosquéxase como principais obxectivos: recuperar da memoria fotográfica de Ramirás e Comarca de Terras de Celanova, , fomentar a investigación, recolleita e indagación de tipo etnográfico entre os participantes, e servir de base para estudar as costumes, traxes, instrumentos, oficios, etc que eran tradicionais nesta zona.

A dito concurso poderán presentarse tanto colectivos como persoas a xeito particular. Premiarase a mellor colección de fotografías, aínda que tamén existen dous premios especiais, un para a fotografía máis antiga e outro para a mellor fotografía. O prazo de presentación de fotografías remata o día 31 de Agosto, podendo entregalas ata este momento na sede da Escola Rebulir ou ben no Concello de Ramirás. A entrega de premios realizarase no mes de Setembro coincidindo co acto de presentación do curso.

Na pasada edición do concurso foron recollidas máis dun centenar de fotografías que retrataban desde festas e cerimonias (bautizos, enterros, comuñóns, entroido...) até os momentos da vida de cotío e o traballo (a malla, a vendima, na sega, cociñando...) e por suposto moitos retratos . Con esta segunda edición continuamos o proxecto de elaborar un arquivo fotográfico, o que fará que estas imaxes non queden perdidas en arcas e baúis senón que sexan un referente para consultar a historia de Ramirás e os Concellos limítrofes.

Para máis información poden poñerse en contacto con nós a través do teléfono 639 90 80 05 ou ben no enderezo electrónico rebulir@hotmail.com.

Un saúdo.
En Ramirás, a 25 de Maio de 2009

Alexandre Sotelino Losada.
Director da EBMT Rebulir
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 15-06-2009 09:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Moi interesante, certament#blgtk08#e

Parabéns!
Comentario por (27-05-2009 12:46)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer