Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Chamada á resistencia
A entrega do Pedrón na Casa de Rosalía convértese nunha reivindicación do galego nunha época de "reviravoltas políticas"

Din que corren tempos incertos para o idioma, polas reviravoltas da política, e semella ao escoitar as palabras pronunciadas onte, na entrega dos premios do padroado da Fundación Pedrón de Ouro, baixo a parra da Horta da Paz da Matanza (Padrón), onde Rosalía adoitaba sentar, que a pantasma daquela longa noite de pedra veñen paseniño ameazando pola beira de Laíño.

"Irmáns! En pé, sereos.
A limpa frente erguida;
o corazón aberto a toda verba amiga.
En pé! En pé, dispostos a non morrer sen ­loita.
A oliva nunha man, a fouce noutra.
Berremos alto e forte: A nosa terra é nosa!".


Manuel Caa- maño, presidente en funcións do Pedrón, botou man deste poema de Ramón Cabanillas para resumir os densos discursos de fervor pronunciados tanto por membros da institución (como David Otero ou Xosé Ramón Fandiño) como polos galardoados cos pedróns de Ouro e Honra (os compoñentes de A Quenlla, Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias, os populares Mini e Mero, así como a filóloga romanesa Mariana Ploae-Hanganu). Discursos, por outra banda, dirixidos por un sentido alegato de resistencia e de defensa da lingua, cultura e identidade galegas.

Non en van estes alegatos rea- firmaron ó final do acto a Casa da Matanza como símbolo do bastión de resistencia da galeguidade. Do primeiro ó último, incluídas as pezas musicadas de Mini e Mero, foron discursos envelenados con dardos de metáforas e ironías cara ós "ananos" de Celso Emilio Ferreiro que chaman "bilingüismo á diglosia porque seguimos", apunta Baldomero Iglesias, "na súa periferia, en provincia, cheos de limitacións e dependencias, que non saben nin deixan reparar as miserias que arrastramos de vello".

Mini e Mero, Pedrón de Ouro pola súa traxectoria en prol da lingua e dos sinais de identidade da cultura galegas: "Sementadores", como dixo David Otero, " do renacer patrio", avogaron por seguir "cantando ese alalá incandescente, que a nós nos quenta e aos soberbios abrasa". Eles téñeno claro: "O problema non ésta na convivencia de pobos e linguas. Está na actitude de quen nega a existencia da diversidade e tenta aniquilar os elementos de cohesión e de liberdade".

E nesa diversidade, nese saber "aprender do outro e de como aprender co outro", segundo Otero, destaca Mariana Ploae-Hanga-nu, que leva anos difundido o galego na súa Romanía natal.

Para a filóloga, recibir o galardón é toda unha ledicia. Cun discurso máis íntimo Ploae espertou nos presentes o amor cara á terra galega, invitando a reflexionar sobre "unha lingua única; unha terra propia". Apaixonada de Castelao, utilizou termos do galeguista para defender a permanencia de rexistros e da identidade galegas. As primeiras verbas que a levaron a amar Galicia foron "miña nena e nai; un tándem inseparable". E como expresión da diversidade dos pobos e das culturas, Mariana recitou en romanés a estrofa de Rosalía "dende aquí vexo o camiño que non sei a onde vai". Un camiño que para O Pedrón e para Mini e Mero e os intelectuais presentes na Matanza é o da "loita na defensa propia".

HOMENAXES Lembranza de Abuín de Tembra

Tamén houbo ao longo das case dúas horas que durou a entrega do Pedrón momentos para a lembranza dos que como os de agora e os de antes defenderon o galego por riba de todo. Nese camiño, ademais dos escritores, poetas e dramaturgos do Rexurdimento, atópanse figuras máis próximas, e que dende a bandeira do Pedrón, defenderon os mesmos intereses: Galicia, o seu pobo, a súa lingua, o seu ser e a súa cultura.

Nese camiño houbo palabras emocionadas de Xosé Ramón Fandiño ou de Manuel Caamaño para o que levou nos últimos quince anos o temón da Fundación O Pedrón e cofundador desta: Avelino Abuín de Tembra. Tamén houbo sinxelas lembranzas para Gustavo Santiago Valencia (presidente de Honra), Xosé Porto e Octavio Sanmartín.

Co cantar de cegos, cos sons das gaitas de Bico da Balouta e o canto á nación de Breogán de Pondal quedou claro que "sempre haberá unha cantiga, sen concesións e, se fai falta, tamén para abolir calquera intento ou sistema que nos agrida e queira condicionar", unha cantiga que garanta "moitas máis de mil primaveras para a nosa patria, para a nosa lingua".

www.galicia-hoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-05-2009 08:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer