Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ouvirmos recupera o acordeón mariñeiro dos Moreira
A discográfica publica o libro-disco 'Acordeón Mariñeiro' dos Hermanos Moreira, os primeiros galegos en gravar pezas interpretadas con acordeón.R ecompila a totalidade das súas gravacións comerciais, e tamén un importante conxunto de pezas inéditas, amais de reproducións gráficas e un rigoroso estudo documental sobre a agrupación musical.

Foi o antropólogo bonaerense Norberto Pablo Cirio quen investigou e recuperou a historia dos Moreira para Ouvirmos. Cirio desenvolvera na Arxentina o proxecto La música tradicional gallega en la Argentina. Permanencia y proceso de cambio a partir del proceso migratorio, e no 2002 levou o "Premio Latinoamericano de Musicoloxía Samuel Claro Valdés" e obtivo tamén unha bolsa do Centro de Documentación e Danza do INAEM

Os Hermanos Moreira, orixinarios de Ponteceso, chegaron nos anos 20 a Buenos Aires. Ensaiaban na barbería dos irmáns, montaron un estudio de gravación no soto da casa. A comezos dos 30, máis ou menos, Pedro e Manuel comezaron como dúo, e ao longo do tempo fóronse incorporando varios músicos á agrupación. Levaron polcas, fox-trots e tangos aos centros galegos e aos teatros porteños até finais dos 60, cando se disolveu. Algunhas das pezas máis populares do seu repertorio eran o vals "Recordando a Galicia" ou o pasodobre "Aires de Bergantiños", amais do vals arxentino de corte hispano "Así cantaba mi madre", a rancheira "Cancha a la rueda", ou a rumba "El loco de la batería"

A agrupación gravou catro placas: dúas de lousa de 78 r.p.m. e dous sinxelos de vinilo de 33 e 1⁄3 r.p.m. Descoñécese a tirada que tivo cada unha, mais parece ser que foron moi vendidas e apreciadas nas festas e programas de radio da colectividade galega. Compuxeron 36 obras en total, e todas as gravacións comerciais son do conxunto: agás os dous tangos de Santiago, todo o demais o compoñían Manuel e Pedro, e rexistraban moitas veces a súa obra co anagrama MAPEMOR (Manuel e Pedro Moreira).

Agora, para este libro-disco, seleccionáronse as gravacións caseiras procurando enriquecer a variedade de xéneros e autores. Acordeón Mariñeiro forma parte da colección A Tiracolo, un proxecto de restauración sonora e dixitalización das gravacións históricas da música galega: o primeiro disco galego do coro Aires da terra, a primeira versión gravada do himno de Cantigas da terra, as pezas do violinista Manuel Quiroga ou de Os Gaiteiros de Soutelo... A Tiracolo levou no 2008 o Premio da Crítica de Galicia no apartado de Música pola "novidade da formulación editorial dende o punto de vista discográfico, a posta en valor da historia musical galega e a recuperación do patrimonio musical".

www.anosaterra.org

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-05-2009 08:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer