Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XXII Concurso de Baile e Música Tradicional Cantigas e Agarimos
Benqueridos amigos:

Temos o gusto de comunicarvos que un ano máis vaise celebrar o Concurso de Baile e Música Tradicional Cantigas e Agarimos, xa na súa XXII edición.

O Concurso de Baile Tradicional celebrarase o domingo 14 de xuño no Teatro Principal(Rúa Nova “Zona monumental”, 21). En horario de mañá e tarde.


O Concurso de Música Tradicional (Pandereteiras/os e Cuartetos) celebrarase o domingo 21 de xuño no Centro Sociocultural de Vite, José Saramago (Rúa Carlos Maside, 7). En horario de mañá e tarde.

Os horarios serán enviados unha semana antes da celebración do concurso.

Unha vez rematada a actuación dos grupos, os/as participantes non poderán entrar na sala vestidos co traxe tradicional; SÓ SE PERMITIRÁ O ACCESO Á SALA ÁS PERSOAS CON ENTRADA E NON ATAVIADOS CO TRAXE TRADICIONAL. OS PARTICIPANTES VESTIDOS CO TRAXE TRADICIONAL PODERÁN ENTRAR SÓ NO MOMENTO DA ENTREGA DE PREMIOS.

A entrada o XXII Concurso de Baile tradicional Cantigas e Agarimos terá un prezo de 3 € (excepto menores de 3 anos que non pagarán entrada sempre que non ocupen butaca). Haberá unha entrada especial de 5 € para todas aquelas persoas que asistan ás xornadas de mañá e de tarde. As entradas non estarán numeradas e non se poden reservar. A taquilla abrirá unha hora antes do comezo de cada xornada do Concurso.
A Agrupación informa de que os grupos participantes poderán ser gravados nunha canle de televisión local ou autonómica para ser retransmitidos con posterioridade. En caso de que algún dos grupos participantes teña algún impedimento, rogamos se poñan o antes posible en contacto coa organización.
As medidas do escenario do Teatro Principal son 8 metros de fondo e 8,50 metros de ancho.
Rógase aos grupos que comuniquen estas normas a pais e rapaces para facilitar a tarefa da organización.

Achéganse as bases do concurso. O formulario deberá ser enviado antes do 3 de Xuño de 2009 no caso da modalidade de baile e antes do 10 de Xuño de 2009 no caso da modalidade de música, por vía electrónica ou ben por correo ordinario ó enderezo da Asociación que aparece nas bases. Recordamos que se unha mesma agrupación desexa presentar a varios grupos ó concurso, será necesario enviar un formulario de inscrición por cada un deles.

Bases Concurso Música Tradicional

Bases Concurso Baile Tradicional
Comentarios (5) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 08-06-2009 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Podedes facilitar as #blgtk08#bases do concurso¿?¿?
Comentario por (11-05-2009 15:12)
2 hola, as bases están xusto d#blgtk08#ebaixo do texto, nun enlace.
Comentario por (11-05-2009 22:23)
3 vemonos no #blgtk08#concurso!!
Comentario por (26-05-2009 21:09)
4 AGASALLOS PA#blgtk08# PROFESORA.
Comentario por (10-06-2009 13:46)
5 vamos que #blgtk08#vamos.....
Comentario por (11-06-2009 00:30)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer