Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Zënzar presenta o seu novo disco en directo
Zënzar, unha das bandas veteranas do rock en galego, presenta en directo o seu novo disco 'A Tribu, cando se cumpren 20 anos da súa formación. Será no XVI Festival de Cerceda, no que tamén se escoitarán ao vivo os temas que compoñen o novo traballo de Machina

O 2 de maio celébrase a XVI edición do Festival de Cerceda, unha das citas claves do rock en Galiza, que dende os seus inicios apostou por facer realidade a máxima do movemento bravú: achegar as guitarras eléctricas ás aldeas. A nova edición adiántase no calendario para acoller a presentación dos novos traballos de dúas bandas locais emblemáticas como son Zënzar e Machina.

Xurxo Souto e Sofía de Labañou serán os mestres de cerimonias no que Zënzar achegará ao Campo da Feira os temas de A 'Tribu', o seu quinto disco, enclavado no rock con arroutadas punk e metal. A saída do disco coincide co 20 aniversario desta banda pioneira do rock en galego e buque insignia, xunto con outros moitos, do movemento bravú.

Pola súa banda Machina debullará en directo Post-bravú, un disco difícil de clasificar, que bebe do metal e o rock e que non nega influencias do movemento bravú. Ao palco do festival subirase tamén como grupo convidado Kastomä, estreando o repertorio do seu novo álbum, Almas da noite. Zënzar e Machina contarán tamén no directo cos músicos que participaron na gravación de cadanseus discos. O concerto será filmado en vídeo e audio e realizarase proximamente unha edición conxunta con temas das dúas formacións.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-04-2009 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer