Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Tanxedoras chegan ó esceario da súa orixe
Leni, Yoli, María e Tere ou o que o mesmo, As Tanxedoreas, subiron unha vez máis ao esceario, mais esta vez na súa cidade e cun traballo discográfico baixo o brazo: ‘Enerxía para botar por fóra’, un cd coa escolma das mellores pezas das recollidas feitas ao longo dos seus seis anos de existencia.

A son do pandeiro, panderetas, castañolas ou percusións, o potencial das cinco integrantes de As Tanxedoras deixouse notar onte sobre as táboas do Centro Cultural Caixanova. ‘Estamos moi ilusionadas por poder tocar na nosa cidade e nun lugar tan emblemático como é Caixanova, xa que, pese a ser viguesas, aquí é onde menos oportunidades de tocar tivemos’, afirmou para este medio, María Silva, unha das Tanxedoras, horas antes do comezo do recital.

O repertorio foi a base de pezas que as cinco intérpretes recolleron polas aldeas de toda Galicia ao longo de seis anos: ‘A riqueza do noso patrimonio musical é importantísima; cada zona ten un xeito propio de nasalizar a voz, variando incluso fonéticamente, e acompáñase por diferentes instrumentos, por exemplo, mentres en Ribeira domina a gaita e o tambor, na Costa da Morte, a pandeireta’, afirmou Silva.

Ao longo deste tempo teñen recollido todo tipo de expresións artísticas, aínda que para As Tanxedoras as que máis chaman atención do público son as que musicalizan aparellos cotiás: ‘É moi curiosa a tradición que aínda conservan na zona de Ourense, onde se acompañan coa son das tixolas ou os temas musicalizados pola son das sachadas; a xente chócalle, pero estes costumes existían, xa que nas xornadas de campo, facían competicións para ver quen remata antes e despois botábanse a cantar acompañándose do que tiñan a man’, sinalou a cantareira. Vigo, ao seren unha área industrializada, conserva pouco deste patrimonio: ‘Da cidade temos algunha cantiga de taberna, festeira acompaña por gaita ou acordeón; é máis rico o acerbo de Mondariz ou A Paradanta, que conservan a tradición dos seráns’, concluíu María Silva, que xunto as súas compañeiras, comezaron no folk de nenas.

www.atlantico.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-04-2009 00:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer