Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Flupop: unha Semana Santa alternativa
I EDICIÓN DO FESTIVAL

Non todo van ser procesións na Semana Santa, así en Cambados celebrarase a primeira edición do festival de música Flupop, con grupos galegos que animarán á mocidade.




O pavillón de San Tomé, en Cambados, acolle este venres a primeira edición do Festival Flupop. Un evento organizado por Nova Producións que contará coa música dos Lori Meyers, Holywater e Niño y Pistola; así como das bandas locais The Henry Warnimont e Airas e do grupo de Sanxenxo Los Hijos Bastardos de Peter Lorry. Os DJ Iván e Bedriv encargaranse de animar aos asistentes nos descansos e ao finalizar as actuacións. A entrada custará tan só 6 euros e as portas abriranse a partir das sete e media da tarde.
Segundo a organización, o I Festival Flupop nace dunha aposta de tres amigos: Roberto Pérez "Wili", Juan Rivas "Rivi" e José Luís Núñez, xerente de Nova Producións, empresa creada para a organización de eventos como esta cita.
As entradas para o festival xa están á venda. Poden atoparse nas tendas Tipo de Pontevedra e Vigo, ademais de en Gong e Elepé na cidade olívica. Noni's, Portobello e El Beasto véndenas na Coruña e Gong e A Reixa en Santiago de Compostela. Para os interesados na comarca da Arousa, as entradas pódense conseguir na oficina de turismo de Cambados e nos bares A Leria, Tetuán e Riff.

GZnación
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 09-04-2009 19:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer