Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Sanín: pulindo a música tradicional
Nun taller situado en San Paio de Sabugueira, en Santiago de Compostela, traballan cos sons tradicionais en forma de instrumentos de percusión como pandeiretas, bombos, tambores ou pandeiros. O negocio, rexentado polo artesán José Manuel Salvado Sanín, vai vento en popa e logra abstraerse da actual situación de crise económica, ante a que mesmo saen reforzados.

Nos seus comezos, Sanín compaxinaba os estudos, alá polo ano 1990, cos seus primeiros contactos ca fabricación de instrumentos musicais. Tras catro anos de 'iniciación', o artesán logrou, en 1994, ter o seu propio taller e empezar a vivir da artesanía.

Tras pasar polas mans de Sanín, moitos dos seus instrumentos fan unha longa viaxe ata chegar aos seus destinos. Uns cantos quedan en España, principalmente no Cantábrico, nas comunidades de Asturias, Cantabria ou País Vasco, e outras fai un percorrido máis longo ata soar en Italia, Bélxica, Suiza, Holanda, Alemaña ou, sobre todo, Francia.

A pauta da tradición
Sanín conta que o producto estrela da súa produción, e tamén facturación, son as pandeiretas. Pero o artesán matiza que se sente máis orgulloso do resultado acadado no caso do tambor. ''É do que máis houbo que investigar para mellorar o son, para conseguir un producto mellor'', comenta.

Á hora de fabricar os instrumentos, como ben marca a tradición e como ben seguiron os nosos avós, bisavós e tataravós, as madeiras elixidas son o pino e a nogueira. Segundo Sanín, son as madeiras tradicionais e o cliente busca o tradicional.

O ámbito cuberto polo taller deste santiagués implica unha maneira de traballar 'restrinxida'. O feito de producir para a música tradicional non permite moitas innovacións no tocante ás formas, técnicas de traballo, tipos ou materias primas. Están preestablecidas pola tradición. ''Estamos acotados polo material e as técnicas, non podemos ser industriais, temos que ser artesáns'', explica.

Con todo, a xente tamén busca cousas diferentes e aí atopan unha marxe para innovar. Do taller de Sanín saíron recentemente unha serie de pandeiretas decoradas con cristais de Svarovski, aínda que sempre respectando os parámetros preestablecidos pola tradición.

Pandeiretas para tódolos petos
Nun contexto onde a crise asolaga a maioría dos ámbitos económicos, hai uns poucos afortunados que sobreviven á mesma. Entre estes privilexiados figuran os productos artesáns fabricados en San Paio de Sabugueira. Sanín non dubida en atopar o motivo. ''A música ten un carácter lúdico e a pandeireta é un instrumento moi accesible'', asegura, e mesmo di que serve para evadirse do mundo.

Falando de petos, os prezos das pezas van desde os 25 euros da pandeireta máis económica ata os 200 que custa unha tallada. ''A máis vendida é a que vale 33 euros, a pandeireta de 9 pares, que é que máis se usa en Galicia e no País Vasco'', sinala Sanín.

Ademáis, hai un novo fenómeno en Galicia que repercute nas ventas. ''Dende hai dous ou tres anos, a xente maior, os xubilados, estanse incorporando a grupos duns 25 para tocar xuntos. Mercan pandeiretas porque lles resulta asequible e fácil de aprender a tocar, xa que facelo con destreza pode levar só un ano de dedicación. En canto ás letras, isto non supón ningún atranco, saben coplas dende novos.

Mans potentes
O feito a man en Galicia é un sector moi potente en comparación con calquera parte de España, segundo Sanín. ''Por calidade somos os mellores de Europa'', presume o santiagués. As mans dos artesáns galegos son apreciadas en países como Portugal, Grecia, Italia e tamén Francia.

Entre as cousas a mellorar en Galicia, Sanín envexa aos artesáns franceses, aos alemáns e algúns ingleses, os cales di que poñen máis en valor o producto e o traballo realizado. ''Fáltanos iso'', lamenta o artesán.

Pero non todo é de cor rosa. A artesanía en España sufre retrocesos no caso da olaría ou algún tipo de cerámica. Estes ámbitos si que están a sufrir a crise co peche de talleres como a consecuencia máis inmediata.

Por outra banda, os instrumentos de Sanín saen 'de fábrica' coa marca Artesanía de Galicia. Traballar baixo esta denominación supón ''un paraugas que nos dá sombra, un distintivo de calidade e unha axuda para comercializar o producto'', comenta Sanín. En España hai marcas parecidas, di o artesán, pero ningunha tan potente como Artesanía de Galicia, que leva anos funcionando.

www.galiciae.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 31-03-2009 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 seguide así, sodes os me#blgtk08#llores artesan de Galiza
Comentario por (31-03-2009 10:55)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer