Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

I Festival da Maía
A Casa da Cultura de Bertamiráns será o escenario que acolla este sábado día 7 de marzo, o festival de música galega que organiza a Asociación Cultural e Xuvenil "Val da Maía".

O obxectivo principal é o de dar a coñecer á sociedade amiense, as cantareiras que forman parte desta asociación. Trátase do grupo chamado Pandereteiras do Val da Maía. Ademais actuarán diversos grupos de música galega das provincias de Pontevedra e A Coruña.

Esta organización naceu no ano 2007 cando se agruparon unha serie de mozas que compartían o seu gusto pola música galega. Despois de formaren parte do Obradoiro Municipal de Música e Baile Tradicional do concello amiense durante varios anos, aparece a asociación. Estas rapazas, que formaban o grupo de cantareiras "Amaianas", crean este novo grupo co motivo de desenvolver o seu propio traballo.

Durante estes dous anos teñen realizado actuacións en diversos lugares como Valga, Arteixo e Ames, pero principalmente en Pontevedra. Nesta última localidade actuaron durante tres días nas Festas da Peregrina, e tamén nun festival folk que se celebrou na mesma localidade o pasado 6 de decembro.

Un dos obxectivos da organización deste festival é o de dar a coñecer a tódolos veciños e veciñas de Ames ao grupo de cantareiras que naceu ao abeiro da Asociación e que se chaman Pandereteiras do Val da Maía. O lugar escollido para o acto é a Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 20:30 horas.

Neste evento participarán distintas agrupacións musicais, que serán presentadas polo locutor de "Lume na palleira", da Radio Galega. Así actuarán no acto de xeito desinteresado a Asociación Cultural "Follas Novas", de Ames, o Grupo de Gaitas "Airiños do Meda", de Padrón e "Os Alegres", de Pontevedra. Ademais do grupo de pandereteiras da asociación que organiza o festival. A organización tamén deparará algunha sorpresa pero que se desvelará durante o transcurso do evento.

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 06-03-2009 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer