Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xa hai seleccionados para ACoruñason09

Ditame

Estes/as son os/as gañadores/as:


1.- Sandrísima: Tic-Tac
2.- Capitán Furilo: Pipermint
3.- Snatch: E todo desapareceu
4.- Pulpiño Viascón: Quérote na praia do Orzán
5.- Magritte: Alpinista
6.- Supersandwich: O rodaballo
7.- Marisol Manfurada: Instinto básico
8.- Maus vizinhos: Gira caindo
9.- Ángeles Dorrio: O cativo
10.- La pelvis: Psicomuiñeira

Carta de Santiago Auserón:

Aos meus queridos amigos e colegas de A Coruña Son:

Saúdos antes que nada e graciñas por me deixar partillar de novo a sorte deste fermoso proxecto.

Debo confesar que no Certame da edición deste ano pasei por un momento de despiste. Enleado co retorno de Juan Perro, agardei polos resultados da votación pública para escoitar todo o material.
Aténdome a ela de entrada, a primeira impresión foi que o nivel medio deste ano escoraba unha miga. Mais a realidade, por fortuna, non é esa, senón máis ben que a votación non reflectiu o nivel real, deixando fóra temas preciosos, intérpretes e autores excelentes.

Ao parecer a votación foi escasa, a selección dependente de moi poucos votos, (ás veces só un par deles), en contraposición ao alto número de visitas, condicionada talvez polo voto dos amigos próximos… E probabelmente non se teñan manifestado os oídos musicalmente máis adestrados.

Quero facer unha chamadiña de atención ao respecto: se deixamos que a democracia aparente impoña o seu criterio reducido a unha mostra limitada, podemos atopar a nave gobernada por pilotos inexpertos en metade do temporal… O símil político asusta un pouco, non si? Quere iso dicir que debemos correr a substituír democracia por ditadura ou monarquía? ¡NOOOOOOOOON!
Debemos discutir a democracia a fondo, participar nela e controlar os seus vicios estatísticos, facendo que se reflicta o verdadeiro fornecemento de todos.

As bases do Certame permítenme elixir segundo o meu criterio os dez mellores temas, aínda que non coincidan co gusto popular manifesto. Son as regras deste xogo.

O meu propósito é coincidir o máis posíbel cos votos. O ano pasado puiden aterme a eles, mais este ano non, porque se o fixese ficarían no escuro cousas moi valiosas que non votastes e o rostro público do Certame semellaría borroso.
Claro está que o meu xuízo é subxectivo, mais debo arriscarme polo ben de todos. É tamén a vosa responsabilidade.

Non estaría mal que manifestásedes as vosas opinións, que me corrixades se me equivoco, que reclamedes outras opinións expertas se o considerades necesario.

En definitiva, equivocado ou non, despois de moitas horas de escoita diurnas e nocturnas, síntome feliz de poder dicir outra vez:
si que hai nova onda galega, que carallo, segue salpicando a espuma alegremente, estades a construír paso a paso un Cancioneiro que ten retranca, calidade e sabor.

Este ano emerxe e predomina un sarcasmo novaondeiro fachendoso, mantense o abano de xéneros e as innovacións apuntadas desde o ano pasado, sobe a cota de calidade interpretativa e de composición en algúns casos…

Outra vez debo dicir que dez temas son poucos, que fican fóra da selección cousas interesantes, talentos en desenvolvemento. Os temas de Sergio Zearreta, Pepe Blanki, Fracasados de Antemano, Paris Joel, Pablo Bicho, Roberto Sobrado, Moita Leira, Penlik, Supersound e Kal1975 poderían ter estado nunha selección máis ampla (a min saíanme 22 cancións boas ou aceptábeis).

En catro días de Obradoiro non habería tempo para traballalas todas, e a produción do rexistro sonoro sería interminábel. Mais todos os citados e algún que se me teña escapado, xunto cos seleccionados este ano e o anterior (que tamén subiron, fóra de concurso, algunha canción guapa), garanten que hai base e posibilidades de desenvolvemento do cancioneiro galego.

Sodes moita xente a facer boas cancións! As Musas choven sobre Galiza (co permiso de Breogán e a cohorte de doces meigas)! Parabéns a todos.

Santiago Auserón

http://acorunason.eu/
Comentarios (3) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 18-02-2009 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Xa se sabe, onde as votacións as fagan os amigos, e só voten eles, non haberá calidade.
É unha mágo#blgtk08#a.
Tedes que buscar un novo xeito de facer que a calidade pese máis ca amistade.
Un saúdiño.
Comentario por Buscador (21-10-2009 05:27)
2 Limited Edition Air Collection
Men's Nike Air Max 2009
Men's#blgtk08# Nike Air Max 2012
Nike Air Max 90 Boot
Womens Nike Air Max
Comentario por Nike KOBE ZOOM (08-08-2011 05:35)
3 http://www.airm#blgtk08#axstorenet.com
Comentario por nike genuine (10-08-2011 09:09)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer