Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Novo concerto da Caravana Galiza non se vende
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 06-02-2009 09:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Desfachatez eólica monumental Tripartita no Courel, no Territorio
Histórico do Camiño de Santiago.



PP, PSOE e BNG, en consenso e harmonía, en sucesivos gobernos,
tramitaron e aprobaron a instalación do parque Eólico do Oribio, no
espazo natural do Courel, en plena Rede Natura 2000, e dentro do
Territorio Histórico do Camiño de Santiago.



Para máis información mira en:

http://galizanonsevende.org/?p=641

http://triacastelaviva.blogspot.com/2007/08/fotos-do-iribio.html



Os viraventos xirarán a 1600 metros de altitude, aproximadamente a
mesma altura que o Piapaxaro, e serán visibles dende Astorga ata o
Pico Sacro. Os muíños coroaran a Devesa do Iribio (Oribio en
castelán) o mellor bosque do o Camiño de Santiago.



As imaxes Serra do Iribio, a gran barreira do occidente Courelá, son
as protagonistas visuais do seguinte vídeo, aparece no minuto 0:45 ata
o 2:12, logo reaparece catro veces (2:39-2:45>>
3:02-3:10>>3:57-4:01>>e do 4:06 ata o final).

Música: Cantar de Cego (Letra: Florencio Da Fontaneira e Maria Pilar)

http://es.youtube.com/watch?v=PW5O1P6VWLs



Para disimular tal escándalo a Declaración de Impacto Ambiental propón
unha solución simpática, didáctica e enxeñosa:



http:/#blgtk08#/medioambiente.xunta.es/viewExpPdf.do?id=2005/0296 ver na páxina 6



"Co fin de compensar a incidencia visual do parque eólico, adoptaranse
as medidas

compensatorias propostas polo promotor e consensuadas coa Dirección
Xeral de Turismo,

destacando as relativas ao pintado das torres dos aeroxeradores con
motivos do Camiño

de Santiago, implantación de pantallas vexetais naqueles puntos onde
teña lugar o impacto

visual da obra proxectada e adecuación dunha sala como aula didáctica
da enerxía eólica,

entre outras."



Como os muíños de máis de 100 metros de altura, son imposibles de
tapar, supoñemos que coa pantalla vexetal, taparán entón todo o Camiño
de Santiago, como mínimo dende o Cebreiro ata Sarria.



Non estaría mal que a Xunta ou a oposición publicara os datos das
toneladas de gas e carbón que estamos aforrando, porque andan dicindo
por aí, que a maraña eólica non é máis que unha escusa para "queimar
máis"



Se che cadra ben, podes axudarnos acudindo a manifestación do día 15
de Febreiro en Santiago, sairá as 12:00 da Alameda.

http://galizanonsevende.org/WordPress/wp-content/mani-2009-gnsv.jpg



Moitas grazas por ler e difundir este correo.



Saúdos
Comentario por Doris (07-02-2009 22:50)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer