Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Milladoiro: Presentación do novo disco na Coruña
Concerto no Teatro Colón da Coruña
Martes 25 de novembro ás 20:00


O grupo musical galego Milladoiro ten novo disco, “A Quinta das bágoas” que presentará este martes no Teatro Colón da Coruña ás oito da tarde. Esta importante cita musical enmárcase nos actos programadas con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, promovidos pola Deputación da Coruña.

“Nunca participaramos nun evento dedicado a tan nobre causa” sinalou Moncho García, un dos compoñentes de Milladoiro, que tamén se mostrou a súa ledicia por que a presentación do disco teña lugar na Coruña “nun teatro que nos acolleu en tantas fermosas noites de concerto”.

Moncho García tamén atopou vinculación entre a xornada que se celebra e o leit motiv do seu novo traballo, inspirado na figura de Inés de Castro, amante e logo esposa do rei Pedro de Portugal, da que se di que foi asasinada por orde do seu sogro. “Ao fin e ao cabo ou noso traballo está dedicado a unha muller galega que sufriu a violencia machista até as súas últimas consecuencias e cuxa historia deu lugar a unha lenda de amor e traxedia” comentou o percusionista de Milladoiro.

Na presentación do novo disco, os integrantes de Milladoiro estarán acompañados por dúas destacadas figuras femininas. Unha delas é a galega Laura Amado, que xa traballou anteriormente con Milladoiro. A outra, unha das voces máis importantes do país veciño, a fadista Mafalda Arnauth.

A asistencia ao concerto deste martes será gratuíta. A Deputación da Coruña xa repartiu invitacións entre varias entidades da provincia. O resto poderán solicitarse na taquilla do Teatro Colón o mesmo día da actuación a partir das dez da mañá.

Entre Galiza e Portugal

“A Quinta das bágoas”, o vixésimo disco de Milladoiro, toma como nome o da residencia de Coímbra que albergou a historia de amor entre Don Pedro de Portugal e a monfortina Inés de Castro. Con esta lenda de amor e traxedia, Milladoiro simboliza as relacións culturais que tiveron ao longo da historia Galiza e Portugal.

Esta vinculación luso-galaica e a súa evolución son o eixe central de “A Quinta das bágoas”. Desde un momento de unidade cultural e pasando polas diferentes etapas de relación entre ambas zonas, van discorrendo os temas do novo disco.

Trala presentación do martes na Coruña, Milladoiro levará o seu novo traballo até Vigo, o 17 de decembro, para logo continuar cunha extensa xira que lle levará a lugares como Guimaraes, Barcelona, O Rosal ou Pedrafita do Cebreiro.

www.gznacion.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-11-2008 14:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer