Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Escoitando o vento

A Escola de Gaitas da Casa de Galiza de Gipuzkoa vén de editar un CD xunto coa Banda Municipal de Txistularis de Donostia. Tamén participa a Coral Miren Bihotza.

Neste traballo aparecen recollidas tanto melodias galegas como bascas, tradicionais e de autor, arranxadas dun xeito único. Empastan bastante ben, como se comenta nos textos do livro interior: “Neste disco mestúranse con intelixencia os instrumentos que simbolizan a personalidade de dous pobos que comparten semellanzas moi significativas: a lingua como sinal de identidade e unha cultura e tradición propias e ancestrais.

A combinación de gaitas e txistus que aquí atopamos é a representación musical desta condición que converte a “Escoitando o Vento” nun traballo fortalecedor das relacións entre galegos e bascos”.

Polo de agora, a única maneira de facer-se co CD penso que é poñendo-nos en contacto directamente coa Casa de Galiza de Gipuzkoa (Zabaleta kalea 28, 20002, Donostia; no teléfone 943 27 43 91; ou no fax 943 32 03 33).

No livro interior veñen estas verbas de Manuel Gómez García, director da Escola de Danzas e Gaitas Trískele, da Casa de Galiza:

“No ano 1979, cando un grupo de galegos residentes en San Sebastián fundaron a Escola de Danzas e Gaitas Triskele, non pensaron que, ao longo destes anos, aquela pequena escola chegaría ata o punto onde hoxe en día nos atopamos.

Este traballo non é unha culminación, é un punto e seguido precedente a outros moitos actos que levaron a cultura dos nosos avós, pais e a nosa propia, polo mundo adiante.

Nestes meses de preparación para o que tedes nas mans fixo xurdir nos rapaces da Escola a ilusión, o esforzo e a tenacidade necesarias para facer deste traballo unha verdadeira viaxe polo Vento.”

Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 26-11-2008 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Non é este?
http://www.herrimusika.org/bildumak#blgtk08#/ikusi.php?desde=8570&k=1002171&id=es

Comentario por (26-11-2008 12:47)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer