Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cousas da lingua...galega
O presidente galego asistiu en Vigo á sinatura dun convenio entre a Xunta de Galicia e a Asociación Clúster do Naval de Galicia (Aclunaga), para potenciar o galego no sector, un acto no que tamén participou a Secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López.
.........................................

Acto oficial... fondos públicos para apoiar o idioma galego,... Presidente da Xunta,...Secretaria xeral de Política Lingüística...

e que pon no cartel? "Embarcámonos coa a lingüa galega"

Manda carallo o interese pola lingua galega!!
Comentarios (8) - Categoría: Novas - Publicado o 29-10-2008 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 Será Eo-Nav#blgtk08#iego!!! ;)
Comentario por turonio (29-10-2008 13:27)
2 Pois si, MANDA CARALLO!!!! Para que despois vos metades comigo por corrixir#blgtk08# as faltas de ortografía... Non dou creto!! O interese só non é suficiente!
Comentario por Liliana (29-10-2008 13:34)
3 :O:O Pffffffffff..#blgtk08#. que VERGONZA! :S
Comentario por Milego (29-10-2008 15:29)
4 É triste... e vergoñento, anos tentando normalizar o galego para que a estas a#blgtk08#lturas sigamos así, e a ninguén se lle caia a cara da vergoña.

Comentario por Xan Lois (29-10-2008 22:12)
5 non vos poñades asi oh! non vedes que esta escrito en "Touriñes"...

Agora en serio... estou #blgtk08#seguro que ninguen dos "altos cargos" subidos no puleiro decataronse de nada..

así nos vai!
Comentario por Alberto Granja (K.G.) (29-10-2008 22:51)
6 Para que vexas Lili. Penso que isto xustifica totalme#blgtk08#nte que eu cometa erros cando eu escribo en galego...
Comentario por Edu (30-10-2008 00:45)
7 Pois eu creo que isto cun cartel en castelán segurísimo que non pasaba.

Nova de hoxe relacionada:

Polémica pola foto de Touriño cun cartel en galego mal escrito deturpado
A fotografía do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e da secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, baixo un cartel con graves erros ortográficos mentres asinaban un convenio de apoio á lingua galega, foi onte a noticia estrela das páxinas webs. "Embarcámonos coa a lingüa Galega", indicábase no cartel mentres o presidente loaba os beneficios do idioma nun acto celebrado nas instalacións dos estaleiros Hijos de Barreras, en Vigo, baixo a organización do Foro de Peinador.

Desde a Dirección Xeral de Política Lingüística negábase onte calquera responsabilidade no erro ortográfico e remitíanse ao Foro de Peinador. O máximo responsable do colectivo, Xosé González -un recoñecido defensor #blgtk08#da normalización do idioma- argumentou que o erro se debía a un fallo técnico: "Démoslle a unha empresa o deseño nun disquete e na empresa desconfiguróuselle. Alguén quixo recompoñelo e, evidentemente, meteuse nun terreo do que non tiña idea. A pancarta chegounos soamente unha hora antes do acto e non tivemos tempo para facer outra". E engadiu, "non ten maiores explicacións" ao tempo que subliñaba o feito de que "en todos os periódicos e en todos os libros poden lerse todos os días erros a esgalla".

Como demostración de que o erro non partiu de ningún dos responsables directores, indicou que o tríptico do evento "estaba perfectamente escrito en galego".

Touriño defendeu nese acto a súa aposta polo plurilingüismo, que confrontou coa "suposta batalla entre galego e castelán que a convivencia cidadá desmente diariamente".


O dito, isto en castelán non pasaría...
Comentario por Henrique (30-10-2008 09:34)
8 A verdade é que comprendo que se creara polémica por isto, porque choca moito a mensaxe que intentan transmitir, do apoio ó galego, con ese cartel que é todo, menos apo#blgtk08#io ó idioma.

Agora ben, tamén hai que comezar a esixirlles ós políticos que coiden o galego, porque hai cada un por aí, que vergoña lles debería dar!!!!
Comentario por lai (30-10-2008 12:09)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0