Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Profesores de gaita galega
A Consellería de Educación e Ordenación universitaria ven de abrir o prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de música e artes escénicas na especialidade de gaita galega.

Remata o 3 de Novembro.

Contido da disposición publicada no DOG
Número do Dog: 203
Páxina do Dog: 19.119
Data da Disposición: 10 de outubro de 2008

Sección: IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS
Organismo: CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Anuncio

Anuncio do 10 de outubro de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polo que comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de música e artes escénicas na especialidade de gaita galega.

Primeiro.
-Comunícase que está aberto o prazo para posibles interinidades ou substitucións para o corpo e especialidade seguinte:

Corpo de profesores de música e artes escénicas:
Ver referencia pdf "20300D014P027.PDF"

Segundo.-Prazo de solicitude.
O prazo para presentar a instancia de solicitude, na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou nas súas delegacións provinciais, será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.-Modelo de solicitude.
O modelo de solicitude poderá ser recollido na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nas súas delegacións provinciais, e está á disposición tamén na páxina web da consellería, no enderezo http://www.edu.xunta.es/profesorado/interinos-substitutos/convocatorias apertura de listaxes de substitutos, servizo de secundaria (documentos relacionados).

Cuarto.-Comisión baremadora.
A asignación da puntuación que lles corresponde aos concursantes será levada a cabo por unha comisión constituída por funcionarios destinados na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Esta comisión estará cualificada na categoría primeira para os efectos do previsto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

Poderán asistir ás reunións da comisión, con voz e sen voto, un representante por cada unha das organizacións sindicais con presenza na mesa sectorial docente non universitaria.

Quinto.-Requisitos dos candidatos.
-Estar en posesión do título especificado na base primeira.
-Acreditar o certificado de lingua galega 4 (Celga 4) ou equivalente.
Non obstante o anterior, poderán presentar solicitudes aquelas persoas que, posuíndo as titulacións sinaladas para a especialidade, non posúan o certificado de lingua galega 4 ou equivalente. Estes candidatos poderán ser seleccionados en defecto de candidatos que si o acrediten. Neste caso, de seren seleccionados, os candidatos deberán superar, no prazo máximo de dous anos desde que sexan nomeados, o curso de Celga 4 de lingua galega ou equivalente. A superación do dito curso deberá ser comunicada á Subdirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Sexto.
O baremo, de acordo coa addenda asinada cos sindicatos da mesa sectorial docente o 11 de xullo de 2006, será o publicado na fase de concurso do último concurso-oposición convocado no DOG.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2008.
Benito Fernández Rodríguez
Secretario xeral da Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria


www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 28-10-2008 08:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 acabo de leer a nova, e creo que non sei sumar, porque pon 10 dias NATURAIS despois da publicacion no#blgtk08# doga. e a publicacion do doga foi o 20 non?
se alguen o sabe que o explique mais eu non o sei
Comentario por Roger (31-10-2008 12:48)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer