Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Un ano de Retranca
INCRIBLE PERO CERTO... RETRANCA LEVA XA UN ANO MORTA!!!

Pois si, damas e cabaleiros, fai un ano moitos crían que a Retranca estaba morta e que a nosa revista duraría dous telexornais e aquí nos tedes... con 12 números ás costas, unha chea de subscritores e as mesmas ganas de facer rir aos galegos.

Así que xa sabedes, o vindeiro 31 de outubro, na noite de Samaín tedes unha cita coa Santa Compaña, xa que estades convidados ao Primeiro Cabodano de Retranca (si, a revista Retranca naceu morta así que nada de aniversarios). O acto será en Pontevedra, no Café Moderno da Fundación Caixa Galicia ás 8 da tarde. Prégase ir de loito e co bandullo baleiro (haberá pinchos).

E ademáis desvelaremos a polémica capa do noso nº 12, que ten coma protagonista a un famoso político galego asentado en Madrid que fai un posado para o deleite dos nosos lectores !!!

Ese mesmo día ás 12 da mañá inauguraremos a Sede da Editorial Retranca, na rúa Peregrina nº 9- Entrechán.

GRACIÑAS A TODOS /AS OS QUE FIXECHES POSIBLE QUE RETRANCA SEXA UN AUTÉNTICO MORTO VIVINTE!!

Saúdos Retranqueiros,
A Santa Compaña

www.revistaretranca.blogspot.com
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 10-10-2008 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Henri, haberá #blgtk08#que ir, non é?
Comentario por Edu (08-10-2008 09:53)
2 Acumulanse as actividades, a noite do 31 temos o Samaín do Casco vello de Vigo, na Pr#blgtk08#aza do Berbés.

Por moito que o tento non teño o poder da ubicuidade.
Comentario por Henrique (08-10-2008 11:26)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer