Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

III Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega
Por terceiro ano consecutivo, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza o Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega, que terá lugar no Auditorio de Galicia en Santiago do 31 de outubro ao 2 de novembro.

Tras dúas edicións, observamos como esta cita anual se esta a converter nun referente, xa non so para a xente que traballa no entorno da música tradicional, senón para moitos mestres e mestras de ensino obrigatorio que achan aquí unha fonte de ideas e coñecementos para o seu quefacer diario. A través desta actividade, queremos amosar a riqueza da nosa cultura tradicional e incidir na importancia que ten a transmisión destes coñecementos ás novas xeracións, para que saiban conservalos e respectalos. Polo tanto, antóllase imprescindible a presenza de todos os ámbitos educativos de música tradicional existentes na actualidade en Galicia: escolas de música, conservatorios, asociacións culturais e centros de ensino obrigatorio.

A inclusión de actividades prácticas na pasada edición, como foron os obradoiros, que se desenvolveron con grande éxito, ábrenos un novo camiño polo cal guiar o III congreso. Tanto os talleres como os concertos didácticos son o complemento preciso para os relatorios e mesas de debate. Son a expresión necesaria para comprender as posibilidades das nosas tradicións, a súa riqueza, e a sinxeleza coa que se poden levar a cabo facilitando a aprendizaxe dun xeito ameno e activo.

Pretendemos, por tanto, continuar cunha actividade fundamental para levar a cabo os fins da Asociación de Gaiteiros Galegos que non son outros que a dignificación e difusión das nosas tradicións. A educación é o punto de referencia, a base de toda acción que pretenda isto, xa que nos máis novos está o futuro e haberemos de saber como achegarlles tan importante legado para que o recoñezan como seu.

Información sobre a Inscrición

Boletín de Inscrición

INSCRICIÓN
Deberase enviar o impreso de inscrición cumprimentado á Secretaría Técnica do Congreso, así como o xustificante do pago bancario por calquera dos seguintes medios:
- Por correo ordinario ao enderezo: Rúa de Alfonso XIII, 7, oficina 8. 36002 Pontevedra, especificando no sobre ?II Congreso de Ensinantes de Música Tradicional?.
- Por correo electrónico a: secretaria@gaiteirosgalegos.com
O prazo de inscrición rematará o día 24 de Outubro ou cando se complete o aforo. En tal caso, aplicarase o criterio de orde temporal de recepción de solicitudes de inscrición.

PREZO DA MATRÍCULA
Estudantes e/ou asociados da AGG, AS-PG ou afiliados á CIG: 10 Euros
Outros: 25 euros.
Para poder beneficiarse dos descontos é necesario acompañar á documentación requirida, un xustificante que acredite dita condición.

FORMA DE PAGO
Ingreso ou transferencia bancaria a nome da Asociación de Gaiteiros Galegos no número de conta: 0182 0465 10 0200016989 indicando ?Taxa inscrición?, nome e apelidos do inscrito.

HOMOLOGACIÓN
Está en trámite o recoñecemento de créditos de libre elección nas universidades de Vigo e A Coruña para os asistentes ao Congreso que así o soliciten. Para elo, requirirase control de asistencia e a certificación correspondente.
Tamén está solicitada a homologación deste congreso á Consellería de Educación por 21 horas lectivas.

ALMANAQUE
1 de Outubro ? 17 de outubro de 2008. Prazo de presentación de resumos das comunicacións.
1 de Outubro ? 24 de outubro de 2008. Prazo de inscrición.
31 de Outubro, 1 e 2 de novembro de 2008. Celebración do Congreso.

SEDE
AUDITORIO DE GALICIA. Santiago de Compostela.
Avda.. Burgo das Nacións s/n.
15705 Santiago de Compostela.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-10-2008 08:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0