Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Gaita segue estando en perigo
*RUMOR INQUEDANTE*

Según me explicou un director dun conservatorio galego...
A disputa entre os Conservatorios Superiores de Vigo e A Coruña pola adxudicación da asignatura de Música tradicional galega fai minguar as posibilidades legáis do instrumento debido as disputas que este debate xenera.


Por lei a partir do 2010 a asignatura de Gaita debería estar presente en tódolos conservatorios galegos (que por certo polo que me teñen explicado serán dependentes da Xunta e non dos concellos) pero os responsables executivos do Conservatorio da Coruña e do Conservatorio de Vigo entraron en disputas sen acadar consenso provocando a pasividade e dando entrada anticipada a asignaturas como Jazz e Música moderna antes que a Gaita.

A división do mundo da Gaita en Galicia agudiza todavía máis esta ameaza.


Lembramos que foron 3 PERSOAS as responsables de que a Gaita se esté impartindo no conservatorio de Vigo.

O gaiteiro Abraham Fernández enviou unha carta persoal o Presidente da Xunta Manuel Fraga Iribarne denunciando a situación. Desde presidencia se lle respostou
á súa petición e se convocou unha reunión co responsable de ENSINANZAS ARTÍSTICAS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN D. JUÁN DURÁN e a que asistiron os gaiteiros ABRAHAM FERNÁNDEZ, PAULO GONZÁLEZ E DIEGO MARIÑO. Dita carta todavía está en poder de Abraham Fernández.
Posteriormente se iniciou unha recollida de firmas que tivo unha resposta de unidade por parte de toda a comunidade gaiteiril de Gaicia.
Era frecuente ver os pais de Abraham Fernández á saída dos colexios e das universidades, así como os de Diego, Paulo, Xurxo e tantos outros.
Con tempo, traballo e moito esforzo logrouse implantar a asignatura de "Instrumentos de música tradicional e popular"

O destino levaríame a abandoar os meus estudios para traballar nas illas británizas como cociñeiro.

Regresei e recuperei a miña pasión e verdadeira vocación. Todavía sigo loitando por entrar no ansiado Grao Superior. Se non o consigo serei feliz por ter loitado para que a gaita se estude nos conservatorios galegos.
Tornarei triste se a división dos nosos músicos e responsables educativos provoca que se dinamite todo esforzo realizado anteriormente.

Espero que co tempo se eliminen tódalas polémicas e consigamos novamente a unidade necesaria para loitar polo noso instrumento.

Un saúdo:

Abraham Fernández López

Fotografía: Noticia publicada polo Faro de Vigo o Sábado 13 de abril de 2002.

vigofolk.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-08-2008 02:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer