Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Festival Música na noite (Teo)
FESTIVAL MÚSICA NA NOITE

Música na noite está organizado pola asociación Lúa Chea, de Solláns, en colaboración co Concello de Teo.


Os concertos celebraranse na parroquia de Calo este venres 29 e sábado 30 de agosto.

Na primeira xornada será o momento de ver o traballo das asociacións de música e baile tradicional do Concello. O sábado subiranse ao escenario Pablo Seoane Group, A Quenlla, Berrogüeto e Zënzar. A entrada aos concertos é gratuíta.

Este ano o festival terá unha moeda propia, que se chaman as Lúas. A equivalencia desta moeda propia é dun euro por unha Lúa. Os asistentes terán que cambiar as moedas de curso legal polas Lúas para poder facer intercambios económicos no entorno do festival como a compra de comida ou bebida. O aparcadoiro, á chegada ao recinto, poderase pagar con euros, xa que sería un inconvinte para o público ter que pagar con Lúas. Como anécdota as Lúas son billetes nos que aparecen lugares destacados do Concello de Teo.

Dende a organización lémbrase que haberá zona de acampada e de aparcadoiro ó carón do espazo no que se desenvolven os concertos. No entorno do festival haberá cantinas nos que se poderá mercar bebida, churrasco, bolos preñados ou callos. Tamén se están vendendo xa camisetas co deseño do cartaz que anuncia os concertos.

Música na noite foi unha iniciativa dun grupo de mozos e mozas de Solláns, da parroquia de Calo, que naceu no ano 1987. A través da asociación Lúa Chea organizáronse dez edicións deste evento con gran éxito. O festival volve ao panorama musical coa intención de pór en valor a música de raíz galega e confrontala con outras músicas.

Comentarios (6) - Categoría: Festivais - Publicado o 28-08-2008 02:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 como participante no venres 29, e unha pena q o noso concello xunto coa organizacion se despreocupen dos grupos da casa e fagan un desproposito de festival co cal o un#blgtk08#ico q conseguiron e q a xente se aburrira. nin o escenario nin o son eran os apropiados para este tipo de festival, xa q estes staban pensados para "OS GRANDES GRUPOS"
Comentario por participante (31-08-2008 22:16)
2 os meus parabens para a organizacion do festival. Despois de tantos anos, por fin temos outra vez "o noso" festival. Ind#blgtk08#escriptible a sensación de volver pisar o campo Santo Domingo. Gazas, de verdade, a xente que o fixo posible.GRAZAS!!!!!
Comentario por participante tamen (03-09-2008 17:44)
3 Os meus parabéns á organización, ao concello de Teo e á Asociación Cultural Lua Chea, pareceume moi interesante á experiencia do venres con grupos do Concello de Teo, as duasmil persoas que asistiron da#blgtk08#n boa mostra de ese éxito, asimesmo o sábado, o día forte do festival, pareceume recordar aqueles anos anteriores do festival de música na noite, polo ambiente, pola música, ....
SAÚDOS E ADIANTE
Comentario por antonio (05-09-2008 10:23)
4 Como membro da Organización non comparto as críticas deste primeiro comentario, se o desexa falamos das esixencias de algún#blgtk08# grupo do concello que pensa que precisa un son mellor que os de Berrogüetto, non critiquedes tanto, e limitádevos a actuar
Comentario por (05-09-2008 10:25)
5 Organizador!De acordo co primeiro comentario foi unha pena ver como grupos q realmente se esforzaron por facervos a vos un bo festival se viran implicados en criticas q non lle correspondian pois os "culpabl#blgtk08#es" e os q realmente non se preocuparon de q TODOS os participantes estiveran comodos fostes vos.Non deberian pagar xustos por pecadores.Todos os grupos estiveron a altura,non creo q poidades decir o mesmo.
Comentario por Publico (06-09-2008 19:35)
6 Pensei de caer de cu cando entro na paxina do concello de teo, xa que me dixeron que alí haveria fotos do festival, e o que me encontro e que so aparecen fotos dos grupos do s#blgtk08#ábado e da S.R. de Calo. E os outros grupos??? non son do concello? pareceme unha total falta de respeto hacia uns grupos que se implicaron no festival tanto como os demais.
Comentario por Eu (10-09-2008 14:30)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer