Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Concurso Constantino Bellón 2008
O Ateneo Ferrolán comprácese en convidarlle aos actos do XVIII Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”.

O sábado día 30 de agosto de 2008:

-Estreno Pezas gañadoras do Premio de Composición

O domingo día 31 de agosto de 2008:

-Final do XVIII Concurso de Gaita galega “Constantino Bellón”
HORA: 20:30h. da tarde.
LUGAR: Teatro JOFRE - Ferrol.

Finalistas:

- Ricardo Manuel Mouriño Freire, Narón (A Coruña).
- Pablo Devigo Vázquez, Castro Caldelas (Ourense).
- Bruno Villamar Gay, Lugo.
- Gonzalo Abeleiras Lemos, Ourense.
- José Manuel Mojón Pérez, Ourense.
- Isidro Vidal Gallardo, Ourense.
- Daniel Lumbreras Rodríguez, Guipúzcoa.
- Vicente Carlos González Siri, Uruguay.
- Jordi Torres, Arxentina.
- Santiago Agustín Molina, Arxentina.


Témolo pracer de comunicar o acordo tomado en Xunta Directiva, referente á Institución da Mención Honorífica do Ateneo Ferrolán Gaita de Ouro “Constantino Bellón” e a súa concesión.

A imposición da citada Mención terá lugar no ACTO que se celebrará o próximo domingo día 31 de agosto, as 20:30 horas, no Teatro JOFRE de Ferrol coincidindo coa Final do XVIII Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”.

O Ateneo Ferrolán acorda concedela Mención de Gaita de Ouro “Constantino Bellón” correspondente ao ano 2008 ó programa da CRTVG “ALALÁ” pola súa laboura de difusión e defensa da música tradicional galega.

Asinado:
ELISEO ZAERA RÍOS
Presidente do Ateneo Ferrolán.
VICTOR FERNÁNDEZ GABEIRAS
Presidente do Xurado do Constantino Bellón.

www.ateneo-ferrolan.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 28-08-2008 02:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer