Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

'O arame', a primeira ópera galega en 80 anos, estrearase na Coruña
O vindeiro 13 de setembro

No marco do LVI Festival de Ópera da Coruña, o Teatro Colón acollerá a primeira estrea, dende hai oito décadas, dunha ópera galega. A produción conta con algúns dos nomes máis destacados da nosa cultura: o dramaturgo Manuel Lourenzo, dúas veces premio nacional, encargouse do libreto e da dirección escénica, e o compositor Juan Durán, da música.<

Maximino Zumalave é o director musical da ópera. Real Filharmonía de Galicia

Durán, que tamén acometera a reconstrución da primeira ópera galega, Inese e Bianca, de Marcial del Adalid (1870), foi quen pensou no relato de Lourenzo Camiñar polo arame cunha lata de cervexa, publicado por Laiovento, no 2005, como argumento para esta ópera. Trátase dunha alegoría do ocaso da vida, en concreto, da fin da vida de dous artistas, cun aire, segundo o compositor, con La Strada, de Federico Fellini. Gloria e Labarta volven ao mar da súa primeira infancia para preguntárense polo sentido das súas traxectorias vitais. A presenza do mar e unha homenaxe á propia cidade da Coruña son outros dos leit motivs desta peza dun único acto e uns 75 minutos de duración.

Para interpretalos, Amigos de la Ópera seleccionou ao barítono coruñés Javier Franco, que foi escollido por Zubin Mehta para o festival Mediterrari, e á soprano viguesa Carmen Durán, que chegou a actuar no Scala de Milán. O fundador da Real Filharmonía de Galicia, Maximino Zumalave, leva a batuta á fronte do Grupo Instrumental Siglo XX, integrado por membros da Orquestra Sinfónica de Galicia.

O Festival de Ópera insiste, con esta aposta, no compromiso de impulsar aos artistas, autores e autoras de Galiza e proxectar a nosa creación contemporánea, contrastándoa con clásicos como a alianza de Verdi e Shakespeare en Macbeth, ou a de Chaikovski e Pushkin en Eugene Onegin, outros dos pratos fortes desta edición.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-08-2008 22:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer