Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XII Festival Intercéltico d'Occidente (Asturias)
O Festival Intercéltico d'Occidente celebraráse en Tapia de casariego (Eo-Navia) entre o 13 e o 18 de agosto

Programa de FIDO 2008

MERCORES 13 AGOSTO

20:00 CONCELLO DE TAPIA DE CASARIEGO
Inauguración do XII Festival Intercéltico.

20:15 PRAZA DA CÁMARA AGRARIA
Inauguración da mostra de artesanías das distintas culturas do mundo celta.

20:30 SALA DO INSTITUTO "MARQUÉS DE CASARIEGO"
Proxección do vídeo "O auga na Asturias tradicional"

20:30 SALA DO INSTITUTO "MARQUÉS DE CASARIEGO"
Charla sobre o folclore actual na nosa veciña Galicia

23:30 PEIRAO DE TAPIA DE CASARIEGO
Verbena tradicional coa Bandina O Koku A Mazá


XOVES 14 AGOSTO

12:00 SALA DO INSTITUTO "MARQUÉS DE CASARIEGO"
Proxección do vídeo "O ciclo do pan"

12:30 AULA DO INSTITUTO "MARQUÉS DE CASARIEGO"
Curso de repertorio tradicional do Occidente de Asturias para curdión, impartido polo músico asturiano David Varela.

13:00 TAPIA E PORTO
Desfile e actuación da banda de gaitas A Lagoa do Torollu

13:00 PRAZA DO CONCELLO
Actuación da Bagad Landerneau

16:30 AULA DO INSTITUTO "MARQUÉS DE CASARIEGO"
Inauguración da exposición "Tapia no recordo". É unha exposición formada por un amplo número de fotografías referidas á cultura tapiega, as súas xentes, costumes, agrupaciones musicais. Unha ferramenta para coñecer un pouco máis desta vila marinera, capital da música celta asturiana por espazo de seis días.

18:00 AULA DO INSTITUTO "MARQUÉS DE CASARIEGO"
Segunda parte do curso de repertorio tradicional do Occidente de Asturias para curdión, impartido por David Varela.

19:30 PRAZA DO CONCELLO
Actuación da banda de gaitas Barbude

19.30 PORTO DE TAPIA DE CASARIEGO
Actuación do grupo folclórico Corisco

20:00 PRAZA DA CÁMARA AGRARIA
Xogos infantís asturianos.

20:30 SALA DO INSTITUTO "MARQUÉS DE CASARIEGO"
Charla coloquio sobre a gaita asturiana e a súa introdución nos estudos de conservatorio, impartida polo profesor do Conservatorio Superior de Oviedo, Iñaki Santianes

23:30 PRAIA DO MURALLON
Concerto a cargo do grupo catalán Keympa e o escocés Fred Morrison


VENRES 15 AGOSTO

11:30 SALA DO INSTITUTO "MARQUÉS DE CASARIEGO"
Charla sobre cantárelos no Occidente impartida por Xosé Antón "Ambás". Voz dos grupos de folk «N´Arba» e «Tuenda», Ambás está considerado, pese á súa mocidade, un dos maiores expertos en folclore asturiano.

12:30 PRAZA DO CONCELLO
Actuación do grupo folclórico Corisco e a banda de gaitas Barbude

13:00 PRAZA DO CONCELLO
Taller de baile galego

13:00 PORTO
Actuación da banda de gaitas Amigos do Castro de Barbude

18:00 AULA DE INSTITUTO
XII edición do concurso de sobremesas típicas. Os participantes deberán presentar unha sobremesa típica da zona e someterse á valoración do xurado, integrado por representantes dos establecementos hosteleros que colaboran co Festival.

19:30 PRAZA DO CONCELLO
Actuación da banda de gaitas A Lagoa do Torollu

20:00 SALA DO INSTITUTO "MARQUÉS DE CASARIEGO"
Charla coloquio dos integrantes do grupo Flook (John, Joe, Nelly e Brian Finnegan) sobre bodhran e whistle

23:30 PRAIA DO MURALLON
Concerto nocturno a cargo dos grupos Craobh Rua (Irlanda), Flook (Reino Unido) e Gomeru (Asturias)


SÁBADO 16 AGOSTO

11:30 SALA DO INSTITUTO "MARQUÉS DE CASARIEGO"
Proxección do vídeo "Alfarería tradicional"

13:00 AULA DO INSTITUTO "MARQUÉS DE CASARIEGO"
Curso de Uilliann Pipe a cargo de Conor Lamb e Aaron Fagan (integrantes do grupo Craobh Rua)

12:30 PRAZA DO CONCELLO E PORTO
Actuación de Xeremiers de Muro, a banda de gaitas Faro de Luarca e a Bagad Landerneau

18:00 AULA DO INSTITUTO "MARQUÉS DE CASARIEGO"
Curso de whistle impartido polo gaitero galego Abraham Fernández

19:00 AULA DO INSTITUTO "MARQUÉS DE CASARIEGO"
Curso de violín a cargo do músico galego Alfonso Merino

19:30 PRAZA DO CONCELLO
Xogos tradicionais asturianos

20:00 AULA DO INSTITUTO "MARQUÉS DE CASARIEGO"
Curso de requinta a cargo do músico galego Xosé Liz de Cea

23:30 PRAIA DO MURALLON
Gran Noite Máxica. A noite das sorpresas chega ao Murallón, á luz das estrelas todo é posible para sorprender a quen nos acompañe.


DOMINGO 17 AGOSTO

12:00 ZONA DO PORTO
Alborada do mar coa actuación de todos os grupos

13:00 IGREXA DE TAPIA DE CASARIEGO
Misa folclórica

13:45 PRAZA DO CONCELLO
Recepción oficial por parte da Corporación municipal aos grupos participantes na XII edición de FIDO.

14:00 RÚAS DE TAPIA
Animación dos músicos participantes no Festival

19:30 PRAZA DO CONCELLO
Xogos tradicionais asturianos

20:00 SALA DO INSTITUTO "MARQUÉS DE CASARIEGO"
Proxección do vídeo "A gaita en Asturias"

23:00 PRAIA DO MURALLON
Concerto a cargo dos grupos Darbuka (Asturias), Xerfa (Galicia) e Xuaco Amieva (Asturias)


LUNS 18 AGOSTO

11:30 AULA DO INSTITUTO "MARQUÉS DE CASARIEGO"
Clausura da exposición "Tapia no recordo"

12:00 COLEXIO DE TAPIA
Charla coloquio sobre a traxectoria do festival tapiego

13:00 PRAZA DO CONCELLO
Clausura do Festival e convocatoria da XIII edición
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 14-08-2008 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer