Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Rabafolc 2008

O concello de Rábade (Lugo) acolle a segunda edición do Festival Rabafolc (tamén chamado Festival da Chaira).

Mércores 13 de agosto
Concertos:
- Foula,
- O Sonoro Maxín
- Berrogüetto.


Este ano o festival comeza xa pola tarde cunha gran churrascada amenizada pola música de Foula. A festa continúa á noite, a partires das 23 horas, cun concerto completamente de balde que terá lugar na explanada ao lado da estación de tren, o mesmo emprazamento que no ano anterior.

A festa continuará da man de Berrogüetto. A banda chega tras vivir cambios importantes nas súas filas e cunha nova voz masculina, a de Xabier Díaz. O punto final chega da man de O Sonoro Maxín. Co seu son característico, que combina a guitarra, o acordeón, a batería e o contrabaixo, crean unha fusión de estilos que vai dende a cumbia ata o reggae ou o ska.

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 13-08-2008 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer