Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A Vila Romana de Toralla (Vigo) |
|
A vila romana de Toralla abrirá as súas portas ao público o 10 de agosto
Os restos da vila romana de Toralla, na parroquia viguesa de Canido, poderán visitarse a partir do domingo tras anos de escavacións e de execución dun plan integral. A importancia deste xacemento arqueolóxico radica en que é a única vila de Galicia que está escavada integramente e recuperada, ademais de ser a primeira convertida en museo.
Os primeiros achados remóntanse a comezos do século XX, cando a familia concesionaria da explotación da finca, os Mirambell, leva a cabo unha serie de traballos para o acondicionamento da parcela. Aparece entón un grupo de estruturas que na actualidade se coñecen coa denominación de Edificio "I" ou Sector Mirambell. Estes primeiros achados abren un período de escavación privada na que membros da familia e outros destacados personaxes da actualidade galega exhuman gran cantidade de materiais.
Case 20 anos de escavacións
A partir de 1990 o Concello de Vigo recupera a titularidade da finca e comézanse os traballos para transformar o recinto nun parque público. Traballos que, tras unha paréntese de oito anos, reanúdanse en 2002, exhumando entre ese ano e o seguinte a totalidade do edifico principal e varias dependencias de caracter auxiliar.
Na leira atopáronse os restos dunha vila romana, unha casa de campo con funcións residenciais e produtivas (explotación dos recursos primarios do campo e o mar). A construción data da Época Bajoimperial e Tardorromana, nos séculos III-IV d.C. O conxunto da vila está formado por varios edificios e construcións independentes, pero próximas entre si.
Dentro do edificio principal distínguense varias salas dedicadas á cociña, vestiario e comedor. Conta ademais con tanques de salinas - para consérvaa en salgadura- e termas de auga fría e quente, o que denota a posición elevada dos seus moradores.Na illa de Toralla, próxima ao xacemento, tamén hai vestixios dunha necrópole de inhumación que probablemente funcionase como cemiterio dos habitantes da vila romana.
Entre os elementos ornamentais atopados no xacemento destacan o conxunto de máis de pezas de cerámica fina e unha vaixela de mesa importados de Cartago e Tunisia (norte de África). Estes achados confirman a importancia do porto de Vigo nas relacións comerciais entre o Mediterráneo e o Atlántico romanizado, no s. IV. Ademais, os restos evidencian a explotación de recursos mariños, especialmente do sal, segundo a concelleira de Patrimonio Histórico de Vigo, Elena Maure.
Visitas guiadas
O domingo 10 de agosto o conxunto museístico abrirá as súas portas ao público. Durante este mes haberá xornadas de portas abertas, de 11.00 a 20.00 horas, nas que un técnico explicará as características da vila. Ademais, a partir de setembro poderanse concertar, chamando ao Museo Quiñones de León, visitas de grupos ás pezas ornamentais e apeiros atopados na escavación.
Os visitantes poderán realizar dous tipos de percorrido, un visual exterior, con paneis informativos sobre o emprazamento, e un percorrido polos restos da vila, no que se poderán apreciar as diferentes estancias da casa, tal e como explicaron o director da escavación arqueolóxica, Fermín Pérez, e a concelleira de Patrimonio Histórico, Elena Maure, desde a mesma vila.
www.galiciae.com |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|