Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Concurso de gaita e tambor Avelino Cachafeiro `Gaiteiro de Soutelo´
CONCURSO DE GAITA E TAMBOR AVELINO CACHAFEIRO “GAITEIRO DE SOUTELO”

B A S E S

1.—O concurso terá lugar sábado 23 de agosto ás 17 horas, nun palco habilitado a tal fin dentro da carpa situada na Praza do Gaiteiro, de Soutelo de Montes (Forcarei, Pontevedra).

2.—Poden concursar tódolas parellas de gaita e tambor que o desexen ata completa-lo número máximo de quince parellas por orden de inscrición.

3.—Para inscribírense, as parellas deben:
a) Cubri-la folla denominada Inscrición (a continuación destas bases) que está dispoñible nas oficinas do concello e no sitio
web forcarei.net.
b) Ingresar ó Concello de Forcarei 100 euros (ver Inscrición, ó final) co único fin de disuadir da falta de asistencia.

4.—A cantidade de 100 euros volveráselles ás parellas tra-lo concurso ou por xiro postal no caso de seren excedentes. Non se lle volverá a ningunha parella seleccionada que falte ó concurso aínda que xustifique a ausencia.

5.—A Inscrición e o xustificante de ingreso débense enviar nun mesmo sobre por correo certificado ó Concello de Forcarei (ver Inscrición) coa data límite do 14 de agosto.

6.—Ante inscricións masivas e simultaneas, o momento de inscrición será a data e hora que figuren na impresión mecánica do xustificante de certificado, polo que é aconsellable enviar unha boa fotocopia do mesmo ó número de Fax ou ó enderezo electrónico que hai na Inscrición. O concello de Forcarei notificará en breve cales son as parellas concursantes.

7.—Ningún concursante pode participar con máis dunha parella nesta edición aínda que cambie de instrumento.

8.—Non é obligatorio levar indumentaria tradicional pero si aconsellable e os instrumentos deben poseer características tradicionais galegas. Media hora antes do comezo do concurso, os concursantes han de facer acto de presencia ante o xurado, que estará situado ó lado do palco.

9.—Nunha fase inicial do concurso, cada unha das 15 parellas interpretará, seguindo o orden de inscrición, dous temas de libre elección, cunha duración máxima de dous minutos cada un deles.

10.—Os concursantes poden axusta-la afinación dos instrumentos antes de cada peza durante un tempo máximo de 30 segundos.
Incluída a afinación, o tempo de espera entre os temas deberá ser como máximo de 60 segundos.

11.—Despois da participación das parellas nesta fase inicial, terá lugar unha actuación musical durante 30 minutos aproximadamente, tempo que utilizará o xurado para a selección das cinco parellas que pasan á fase final.

12.—Na fase final cada parella interpretará un único tema de libre elección, cunha duración máxima de 2 minutos e cun tempo de afinación máximo de 15 segundos.

13.—En ámbalas dúas fases, tomando como referencia o xeito interpretativo dos Gaiteiros de Soutelo, o xurado valorará a participación das parellas en función da afinación, a medida, a compenetración entre gaita e tambor, a tradicionalidade das interpretacións, o respeto ós tempos de actuación que figuran nestas bases e otorgará os seguintes premios.

Primeiro premio 2.500 euros.
Segundo premio 1.000 euros.
Terceiro premio 750 euros.
Cuarto premio 500 euros.
Quinto premio 250 euros.
Resto das parellas 100 euros.


14.—Despois da entrega de premios, a parella gañadora pechará o acto realizando unha nova interpretación, igualmente de libre elección.

15.—O xurado decidirá sobre calquera caso especial que non contemplen estas bases e estará composto por:
Manuel Alonso Iglesias
Xaime Estévez Vila
Juanjo Fernández Rubio
Roberto Quintillán Rial
Fernando De Vicente De Vicente

16.—A participación no concurso supón a aceptación destas bases e a deliberación do xurado será inapelable.

17.—Á maior brevedade posible, o Concello de Forcarei remitirá ós concursantes unha valoración técnica, detallada e razonada, da súa interpretación a título informativo.

INSCRICIÓN
Nome completo do gaiteiro ___________________________________________________________________________________
Idade ________
Lugar de procedencia: ______________________________________________________________________________________
Breve biografía ____________________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________________________________
Nome completo do tamborileiro _______________________________________________________________________________
Idade ________
Lugar de procedencia_______________________________________________________________________________________
Breve biografía ____________________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________________________________
Títulos das tres posibles pezas________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________________________________
Enderezo postal de contacto _________________________________________________________________________________
Teléfono de contacto _______________________________________________________________________________________
Nº de conta (achegarase certificación bancaria) __________________________________________________________________
Nome e sinatura do compoñente que actúe como representante
___________________________________________________________
Concello de Forcarei
Praza da Igrexa, 1
36550 Forcarei
Tel: 986 75 50 36 / Fax: 986 75 46 03
concello.forcarei@forcarei.net
c/c 2080 0032 82 0040000770 CAIXANOVA
Forcarei, 23 de xuño de 2008.—O Alcalde, David Raposeiras Correa.
Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 13-08-2008 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer