Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Tres días de música folk no Milladoiro
Esta fin de semana non haberá que agudizar os sentidos para poder gozar da música folk tradicional. Varias formacións animarán durante os tres próximos días a terceira edición do Milladoiro Folk.

Crema de Gaita, El Hombre Pez ou Azarbe son algúns dos grupos de folk que actuarán no festival que organiza a Asociación Cultural A Madalena e no que colabora o Concello de Ames. Enmarcado dentro do programa das Festas da Madalena, o festival antóxase como unha cita imprescindible para os amantes da música folk.

A III edición do Festival Milladoiro Folk, que se celebrará do 18 ao 20 de xullo, contará con varias actuacións nas que unha nova concepción musical dos sons tradicionais e o folk máis puro fusionaranse para dar unha visión viva e actualizada do folclore nacional. A terceira edición regresa cun espírito renovado e con máis forza que nunca despois de levar varios anos sen celebrarse.

O Milladoiro Folk abrirá o programa de festas da Madalena no Milladoiro, que tamén organiza esta asociación, e que se completará coas xornadas festivas do 21 e o 22 de xullo. O peche das festas farase en agosto, entre os días 1, data na que se celebrará o Millarock, e o día 4 de agosto.

A primeira xornada do festival comezará este venres coa primeira das grandes actuacións nocturnas, con Crema de Gaita, Aulaga e Divertimento Folk. Os galegos Crema de Gaita abrirán o festival co seu folk tradicional e coa súa versión do clásico A saia da Carolina. Aulaga é unha das mellores bandas folk de Estremadura e Divertimento Folk foi o grupo gañador do Festival de Prau en Cantabria, no que participan 84 bandas de grande importancia no ámbito nacional.

O segundo día, o sábado 19, celebraranse durante todo o día os obradoiros para a mocidade Milladoiroxogoxoven 08 nas prazas de Manuel Murguía e de Figueiras. Dentro destes obradoiros atopase unha xincana ecolóxica dirixida ás mozas e mozos do concello. O obxectivo desta actividade é promover os valores de respecto polo medio dun xeito lúdico e divertido. Durante a actividade, a mocidade poderá participar en varias probas nas que poñerán a proba o seus coñecementos sobre o medio, terán que encestar lixo nos seus respectivos caldeiros ou saltar á corda durante cinco minutos.

www.concellodeames.org

O segundo gran concerto do festival contará co folk murciano de Azarbe, os galegos Xochilmica, presentando o seu último disco Carta Branca, e El Hombre Pez, unha banda que compartiu cartel con artistas como Carlos Núñez ou os irlandeses The Chieftains.

Os dous días haberá unha carpa folk ao remate das actuacións, arredor das 2 da mañá.

Para rematar e como broche final, o domingo 20, o Milladoiro Folk conta cunha xornada do mais completa. Á unha da tarde actúa a Banda de Gaitas do Padroado Cultural de Narón. Ás nove da noite será a quenda da Escola de Música tradicional do Concello de Ames, que dará paso ao peche de ouro do festival, a actuación dos navarros Mielotxin, referente do folk a nivel nacional.

Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 18-07-2008 14:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 #blgtk08#
Comentario por aurora (13-05-2009 18:19)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer